Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2003 Páx. 12.351

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (448/2002).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Arzúa, fago saber que no proceso de execución seguido no dito xulgado co número 448/2002 por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. contra Manuel Codesido Vázquez, sobre reclamación de 69.167,08 euros de principal e 14.424,29 euros para xuros, gasto e custas, se acordou sacar a poxa pública, por un prazo de vinte días, os bens que, co seu prezo de taxación, se enumeran a continuación:

Bens que se sacan a poxa e a súa valoración:

Casa unifamiliar, sita na parroquia de Castrofeito, municipio do Pino, no sitio de Millario, composta de baixo, piso e rocho, de cento vinte metros cadrados o baixo; cento trinta metros cadrados o piso, e cincuenta metros cadrados o rocho. Situada no sector leste e linda por tódolos seus ventos co predio en que está enclavada. Edificación e terreo non edificado forman un só predio da superficie total de vintetrés áreas e vintecinco centiáreas, que linda: norte, María del Carmen Codesido Vázquez; sur, muro; leste, estrada de Curtis; e oeste, muro propio que separa de Ángel Castro.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Arzúa, no tomo 518, libro 74, folio 212, predio 11.030.

Título: declaración de obra nova outorgada o 26 de maio de 1994 ante o notario de Arzúa Francisco López Moledo, número de protocolo 527, emendada por outra outorgada ante o mesmo notario o 17 de febreiro de 1997, número de protocolo 179.

Cargas: libre delas, segundo información incorporada á escritura.

Taxada para efectos de poxa en 147.163,82 euros.

A poxa terá lugar na sede deste xulgado; rúa de Lugo 45 e 47, o día vintecatro de novembro de dous mil tres ás dez (10.00 horas).

Condicións da poxa:

1. Os licitadores deberán cumpri-los seguintes requisitos:

1º Identificarse de forma suficiente.

2º Declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa.

3º Presentar xustificante de que depositaron na conta de depósitos e consignacións deste xulgado no Banesto, sucursal número 6218, conta número 1510 0000 06 0448/02 ou de que prestaron aval bancario polo 30 por 100 do valor de taxación dos bens. Cando o licitador realice o depósito coas cantidades recibidas en todo ou en parte dun terceiro, farase constar así no xustificante para os efectos

do disposto no punto 2 do artigo 652 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.

2. Só o executante poderá facer oferta reservando para si a facultade de lle cede-lo remate a un terceiro.

3. Desde o anuncio da poxa ata a súa realización poderanse facer ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións expresadas anteriormente.

4. Cando a mellor oferta sexa igual ou superior ó 70 por 100 do avalío, aprobarase o remate a favor do mellor licitador. Se fose inferior, observarase o previsto no artigo 670 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.

5. Que a certificación rexistral está de manifesto na Secretaría deste xulgado e os bens se sacan a poxa sen suplir previamente a falta de títulos de propiedade, observando o prevido na regra 5ª do artigo 140 do regulamento para a execución da Lei hipotecaria, entendéndose, polo simple feito de participar na poxa, que os licitadores aceptan esta situación, así como que as cargas ou os gravames anteriores, se os houber, ó crédito do licitador, continuarán subsistentes e que o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles, de o remate se adxudicar ó seu favor.

6. Non consta no proceso se o inmoble que se poxa se encontra ou non ocupado por persoas distintas do executado.

7. Se por forza maior, causas alleas ó xulgado ou por erro se sinalase un domingo ou día festivo e non puidese ter lugar a poxa no día e a hora sinalados, entenderase que terá lugar o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Arzúa, vintenove de xullo de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado