Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, mediante resolución de data 29 de agosto de 2003, formulou a correspondente declaración de impacto ambiental, respecto do proxecto explotación avícola de recría de reproductoras, que se situará no concello de Verea, promovido por Sociedade Cooperativa Orensana, S.C.L. Coren.

A dita declaración de impacto ambiental, exponse ó público nas oficinas do concello, en cumprimento do preceptuado no artigo 5, punto 7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Verea, 15 de setembro de 2003.

Félix Parada Martínez

Alcalde