Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno en sesión celebrada o 17 de xullo de 2003, aprobouse inicialmente o prego de condicións técnicas e o prego de cláusulas administrativas particulares, así como a forma de adxudicación, por procedemento aberto e pola forma de concurso, para a adquisición e instalación de andeis Compactus para o depósito do arquivo municipal. Polo presente anuncio dáse a coñece-la licitación, consonte ás seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a adquisición e instalación de andeis Compactus para o depósito do arquivo municipal.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O prezo máximo de licitación fíxase en 42.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisionais: 840 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197-3ª planta.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

g) Enderezo pola Internet: www.concellodelugo.org

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197-planta baixa.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras, posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario, sendo o seu importe máximo de 750 euros.

Lugo, 26 de agosto de 2003.

José Clemente López Orozco

Alcalde