Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 30 de setembro de 2003 Páx. 12.249

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos definitivos correspondentes ó concurso de traslados de data 22 de maio de 2003, polo que se ofertaban prazas vacantes para secretarías de xulgados de paz entre secretarios de paz a extinguir de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 22 de maio de 2003 (BOE e DOG do 19-6-2003), para cubri-las prazas vacantes para secretarías de xulgados de paz entre secretarios de paz a extinguir

de máis de 7000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza,

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455, 481 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no Regulamento orgánico do corpo de secretarios da xustiza municipal, aprobado por Decreto de 12 de xuño de 1970 e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza , aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados os funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes no presente concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas no presente concurso, agás que se pretendan amortizar ante modificación do cadro de persoal ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo 458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia se é simultánea, e deberá tomar posesión do novo destino obtido por concurso nos tres días naturais seguintes ó cesamento, se non hai cambio de localidade, ou nos dez días naturais seguintes, no caso contrario. O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.

Se a resolución comporta reingreso ó servicio activo á Administración de xustiza, o prazo posesorio deberá comezar a contar desde o día seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia se é simultánea, pero no presente caso o devandito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso no corpo de secretarios de paz ou oficiais e, por tanto, non pode computarse como de servicios efectivos.

Se non se lograra a simultaneidade das publicacións da resolución, os prazos contaranse desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que os funcionarios reingresados por medio do presente concurso se atopen en activo nou

tro corpo e non desexaran que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos que teñan que desprazarse a Canarias, Illes Baleares ou Ceuta e Melilla, para os que o permiso poderá ser de ata tres días (art. 66.1º g) do Regulamento orgánico), e o cesamento no seu anterior terá destino data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Esta comunidade autónoma competente concederalles a excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión no corpo de oficiais ó obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas cesarán como consecuencia da posesión do seu titular.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 14 e 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ambos prazos contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia se é simultánea.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Concurso de traslados: convocatoria Resolución do 22 de maio de 2003 (BOE e DOG 19-6-2002)

Destinos adxudicados na Comunidade de Galicia

1º APELIDO2º APELIDONOMEDNICORPOESCALA-

FÓN

PREFEREN-

CIA

AMDIDTOTAL

PUNTOS

DESTINO ADXUD.DESTINO

ACTUAL

COSTASPORTELAFCO. JAVIER76806404OFICIAL2789DEREITO14610620,53SECRETARÍA XDO. PAZ BUEU

(Pontevedra)

XDO. PAZ NIGRÁN

(Pontevedra)

CRESPOALADRENROSALÍA17101840SECRET011066,11SECRETARÍA XDO. PAZ CAMARIÑAS

(A Coruña)

EXCEDENTE

FERREIROVAZQUEZJUAN CARLOS32786604OFICIAL00100,00SECRETARÍA XDO. PAZ CARNOTA

(A Coruña)

EXCEDENTE

LOUREIROPENAJOSE MANUEL32426220OFICIAL00166,00SECRETARÍA XDO. PAZ MAZARICOS

(A Coruña)

EXCEDENTE

RAMAREYGUMERSINDO76331069OFICIAL

DEREITO

00166,00SECRETARÍA XDO. PAZ MUXÍA

(A Coruña)

EXCEDENTE

ANEXO II

Non hai excluídos

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)