Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 18 de xullo de 2003, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Souto, Calvario e outros, pertencentes á parroquia de Fiolledo do concello de Salvaterra de Miño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión

que tivo lugar o día 9 de maio de 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Fiolledo.

Nome do monte: Souto e Calvario.

Cabida: 5.000 m (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: propiedades particulares de Antonio González e Pilar Pérez.

Sur: propiedades particulares de Jesús González e Jorge Méndez.

Leste: estrada asfaltada de Salvaterra a Vilasobroso.

Oeste: propiedades particulares de José González.

Descrición:

Inclúese na parcela o denominado campo da festa e casa da cultura parroquial; tamén se observa unha antiga fábrica de ladrillos que actualmente se usa como almacén de leña de uso doméstico. Hai un canastro de pedra e madeira en desuso.

Nome do monte: Ferrón.

Cabida: 3.300 m (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: regato e postes de peche.

Sur: muros de peche, estrada e propiedades particulares de María Grandal.

Leste: muros de peche e propiedades particulares de herdeiros de Domingos González.

Oeste: regato.

Servidumes e ocupacións:

Estrada asfaltada de Fiolledo a Meder e camiño de acceso a predios.

Descrición:

Inclúese na parcela os restos dunha antiga construcción en pedra (muíño de auga), abandonado e sen uso.

Nome do monte: Cotocapelo.

Cabida: 7.600 m (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: camiño asfaltado e propiedades particulartes de José Vidal Pérez e Avelino Vidal Fernández.

Sur: pista asfaltada de acceso.

Leste: propiedades particulares de M. Esther Álvarez Vidal e Antonio Álvarez Vidal.

Oeste: estrada asfaltada de Fiolledo a Meder.

Servidumes e ocupacións:

Estrada asfaltada de Fiolledo a Meder e camiño asfaltado de acceso ás casas do barrio.

Descrición:

Inclúese na parcela unha construcción en bloques de cemento aproveitada como almacén.

Nome do monte: Rega.

Cabida: 7.700 m (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: propiedades particulares de Victoria Álvarez Lago e Asunción López.

Sur: propiedades particulares de Dolores Mariño e Rudesinda Mariño.

Leste: propiedades particulares de José Álvarez Blanco, José Estévez Tielas e herdeiros de Jesús Lorenzo Puga.

Oeste: propiedades particulares de Manuel López Tielas e Herdeiros de Jesús Lorenzo Puga.

Servidumes e ocupacións:

Varios camiños de acceso a predios de labradío e a poza de rega.

Descrición:

Inclúese na parcela unha presa de auga para rega en uso.

Nome do monte: Ferreiros.

Cabida: 2.700 m (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: propiedades particulares de Jesús Álvarez e Francisco Álvarez.

Sur: propiedades particulares de Joaquín Mariño e Preciosa Rodríguez.

Leste: propiedades particulares de Consuelo Mariño.

Oeste: propiedades particulares de Rudesindo Acuña.

Servidumes e ocupacións:

Camiño de acceso a predios de labradío e montes.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformiodade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 18 de xullo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra