De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que,
con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador PO-INC-03/168, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e ó seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.
Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Antonio Álvarez Fernández e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.
O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito en Benito Corbal, 47 (Pontevedra).
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Pontevedra, 27 de agosto de 2003.
José Antonio López Rodríguez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-INC-03/168.
Denunciada: Mª Luz Gil Diz.
Último enderezo coñecido: Anceu, 36829 Ponte Caldelas.
Feito denunciado: escape de queima autorizada pero sen medidas de seguridade.
Precepto infrinxido: artigo 137 a) do regulamento á Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.
Sanción: 150,25 euros.