Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 29 de setembro de 2003 Páx. 12.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/271).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I., R.B.T.A. Romarís.

Situación: Vedra.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea núa a 20 kV, cunha lonxitude de 173 metros, coa orixe na L.M.T.A. existente entre o C.T. Laraño Sales (expte. 50443) e o C.T. Paradela (expte. 51100), conductor tipo LA-56/54,6 mm, en apoios de formigón, e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación de intemperie Romarís-Vedra, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV.

Rede de baixa tensión de 16 metros de lonxitude e conductor R.Z. 0,6/1 kV-3x95+54,6 Al. Concello de Vedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións