Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.A., C.T.A., R.B.T.A. Pexegueiro.
Situación: Dodro.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 245 metros, coa orixe no apoio sen numerar da L.M.T.A. PAD810 na derivada ó C.T. de traxeito, conductor tipo LA-56/54,6 mm, en apoios de formigón H.V., e final no apoio do C.T. Pexegueiro.
Centro de transformación de intemperie, cunha potencia de 50 kVA e relación de tensións de 20/0,380-0,220 kV.
Rede de baixa tensión de 396 metros de lonxitude, sobre apoios de formigón H.V., e conductor R.Z. 3x25/54,6 Al. Concello de Dodro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 21 de agosto de 2003.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións