Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES 4/02).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 7 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolve-la alegación formulada por Saturnino Vázquez Morano, presidente da comunidade de propietarios do polígono de Pocomaco, no sentido do informado polos técnicos municipais, remitíndolle a integridade do informe municipal contestatario da súa alegación, así como o presente acordo e recoñecerlle a súa condición de interesado no expediente administrativo.

Segundo.-Aprobar definitivamente o plan especial relativo ó sistema xeral de viario VX-S4.02, promovido polo concello e formulado por Promotora de Vivendas Urbanas, S.L., na súa condición de adxudicataria do concurso para o desenvolvemento das actividades e traballos urbanísticos necesarios para completa-la urbanización e posta en funcionamento dun dos dous polígonos no que se dividirá o sector de solo urbanizable «Vío», condicionado á presentación, no prazo máximo dun mes desde que se adop

te o presente acordo, dun segundo texto refundido no que se cumpran as seguintes observacións:

a) Que o viario de conexión do viario obxecto do plan especial co polígono de Mesoiro teña dúas beiravías de 2,50 metros cada unha.

b) Que se defina axeitadamente o paso inferior á altura do punto quilométrico 0+850, debendo incluílo no plano nº 5 -planta xeral- e no orzamento do plan especial.

A eficacia da aprobación definitiva do plan especial condiciónase á efectiva emenda das citadas observacións no prazo sinalado.

Terceiro.-Publica-lo presente acordo, no prazo máximo dun mes, no Diario Oficial de Galicia, así como a normativa do plan especial no BOP.

Cuarto.-Dilixencia-lo documento do plan especial na súa integridade, facendo constar que a súa aprobación definitiva está condicionada á emenda de observacións por Promotora de Vivendas Urbanas, S.L.

Quinto.-Notifica-lo presente acordo a tódolos propietarios afectados, dos que a relación se inclúe na memoria do plan especial, facéndolles constar que dispoñerán do prazo dun mes, desde que reciban a notificación, para interpor recurso de reposición en vía administrativa e de dous para interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sexto.-Unha vez presentado o segundo texto refundido, con informe favorable do enxeñeiro de camiños municipal e o arquitecto municipal e dilixenciado na súa integridade polo secretario municipal, remitir unha copia completa do expediente administrativo, así como dous exemplares do documento, ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, co obxecto de cumpri-lo indicado no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Este acordo pon fin a vía administrativa, podendo interpor contra o mesmo, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 9 de setembro de 2003.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo