Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO MPG 1/01 (IV).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 7 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual ó Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito do polígono de solo urbano non consolidado denominado Travesía de San Antonio (código identificativo POL-H2.01), redactada por técnicos municipais.

Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, publicándose, así mesmo, neste boletín o documento que conteña a ficha do polígono.

Terceiro.-Comunica-la aprobación ó consellerio de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, todo iso para facer efectivo o previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

Cuarto.-Dilixencia-lo documento definitivamente aprobado na súa integridade. Este acordo pon fin a vía administrativa, podendo interpor contra o mesmo, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xuríco das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativo, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que se estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 9 de setembro de 2003.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo