Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 26 de setembro de 2003 Páx. 12.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 20 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Ana, 6991.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña fai saber que, por Resolución do 20 de agosto de 2003, se outorgou o permiso de investigación Ana 6991 de 52 cuadrículas mineiras, para recursos de cuarzo, nos termos municipais de Narón, Neda e San Sadurniño, da provincia da Coruña.

O que se fai público para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da mineiría do 25 de agosto de 1978.

A Coruña, 20 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO