Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Cloe fracción 2ª, número 3007.2, no concello de Fornelos de Montes da provincia de Pontevedra, por parte de Pedraceibe, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Pedraceibe, S.L., con enderezo social na rúa dos Carballos nº 7, portal 11, 4ª planta-Ponteareas, presentou nesta delegación provincial o día 21 de marzo de 2003 instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Cloe fracción 2ª, sobre unha superficie de quince cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Fornelos de Montes da provincia de Pontevedra, ó que lle correspondeu o nº 3007.2.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitude Latitude

V18º 28' 00''42º 19' 20''

V28º 25' 40''42º 19' 20''

V38º 25' 40''42º 19' 00''

V48º 26' 00''42º 19' 00''

V58º 26' 00''42º 18' 40''

V68º 27' 20''42º 18' 40''

V78º 27' 20''42º 18' 20''

V88º 28' 00''42º 18' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 25 de agosto de 2003.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra