Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Cloe fracción 1ª, número 3007.1, no concello de Fornelos de Montes da provincia de Pontevedra, por parte de Pedraceibe, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Pedraceibe, S.L., con enderezo social na rúa dos Carballos nº 7, portal 11, 4ª planta-Ponteareas, presentou nesta delegación provincial o día 21 de marzo de 2003 instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Cloe fracción 1ª, sobre unha superficie de dúas cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Fornelos de Montes da provincia de Pontevedra, ó que lle correspondeu o nº 3007.1.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitude Latitude

V18º 26' 00''42º 18' 40''

V28º 25' 40''42º 18' 40''

V38º 25' 40''42º 18' 00''

V48º 26' 00''42º 18' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 25 de agosto de 2003.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra