Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 25 de setembro de 2003 Páx. 12.034

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (515/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemuño en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 515/2003, por instancia de Cristina Codesido Sánchez e outra contra empresa Carballos Altos, S.L. e outros sobre despedimento, dictouse a siguiente sentencia:

«Sentencia. Na cidade da Coruña o 26 de agosto de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 515/2003, seguidos por instancia de Cristina Codesido Sánchez e María del Carmen Bao López, maiores de idade, asistidas pola letrada Antonia Rodríguez López, contra a empresa Carballos Altos, S.L., representada por Marta Sánchez Losada e asistida polo letrado Francisco Javier Pérez Posada; Marta Sánchez Losada, maior de idade e asistida pola letrada anterior; Jorge Manuel López Neira, maior de idade; e as empresas Sastrería López Parga, S.L. e Neyva, S.L., que non compareceron nos autos; coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta polas demandantes, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Carballos Altos, S.L. e extinguida a relación laboral, na data desta resolución, condenando á referida entidade a que aboe ás demandantes a seguinte indemnización, máis, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data de despedimento a Cristina Codesido Sánchez, 5.143,21 euros máis 2.858,77 euros polos salarios de tramitación e a María del Carmen Bao López, 7.222,38 euros máis 2.859,77 euros polos salarios de tramitación. Coa absolución das entidades Neyva, S.L., Sastrería López Parga, S.L., Manuel López Neira e Marta Sánchez Losada.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta, só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e en propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ó anuncia-lo recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na Conta de Depósitos e Consignacións que este xulgado

ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 0030-6349-5603-0000-60-515-03.

E igualmente deberá no momento de interpoñe-lo recurso consigna-la suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 030-6349-5603-0000-60-515-03.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación ás empresas Neyva, S.L. e Sastrería López Parga, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 26 de agosto de 2003.

Jaime Balado Yáñez

Secretario xudicial