Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. avda. de Rosalía de Castro, nº 67.
Situación: Ames.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, dunha lonxitude de 28 metros, orixe L.M.T.S. entre CC.TT. avda. Rosalía de Castro e edificio Fernández, entrada e saída en C.T. proxectado e final na L.M.T.S. conductor R.H.V.-12/20 kV-3x240 mm Al.
Centro de transformación cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV. Concello de Ames.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;
tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 13 de agosto de 2003.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións