Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 12.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/123).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. O Casal.

Situación: Arzúa.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, coa orixe no apoio HV 11/1600 no que estaba situado o C.T. Casa Tendal, conductor RHZ1, e final no centro de seccionamento proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,548 km, coa orixe no centro de seccionamento O Casal, conductor RHZ1, e final no C.T. Carballo proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,586 km, coa orixe no centro de seccionamento O Casal, conductor RHZ1, e final no C.T. Tras Igrexa proxectado.

Centro de transformación prefabricado Carballo, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V.

Centro de transformación prefabricado Tras Igrexa, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V.

Liña de baixa tensión aérea do C.T. Carballo, de 0,335 km de lonxitude, coa orixe no apoio existente HV9/250 no lugar de Tras Igrexa, con conductor R.Z. e apoios de formigón.

Liña de baixa tensión aérea do C.T. Tras Igrexa, de 0,165 km de lonxitude, coa orixe no C.T. Carballo, con conductor R.Z. e apoios de formigón.

Rede de baixa tensión subterránea do C.T. Carballo de 0,016 km de lonxitude, coa orixe no C.T. Carballo, con conductor R.V.

Rede de baixa tensión subterránea do C.T. Tras Igrexa de 0,016 km de lonxitude, coa orixe no C.T. Tras Igrexa, con conductor R.V.

Centro de seccionamento Casal prefabricado 3L de manobra exterior. Concello de Arzúa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións