Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 24 de setembro de 2003 Páx. 11.985

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 15 de setembro de 2003 pola que se amplía o prazo de presentación dos xustificantes de gasto das axudas para adquisición de infraestructura científico-técnica e material bibliográfico concedidas por Resolución do 13 de maio de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 21 de maio).

Por resolución da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 13 de maio de 2003, concédense as axudas para a adquisición de infraestructura científico-técnica e material bibliográfico convocadas por Resolución do 30 de decembro de 2002 da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, conforme as bases recollidas no anexo IV da orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 1 de abril de 2002.

No punto segundo da Resolución do 13 de maio de 2003, e de conformidade coas bases 5 e 6 da orde de convocatoria, establécese que os beneficiarios destas axudas deberán presenta-la documentación requirida para o libramento das subvencións antes do 25 de setembro de 2003.

Tendo en conta a complexidade do proceso administrativo de adquisición dos ditos equipos, considérase preciso amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos realizados polos beneficiarios destas axudas.

En consecuencia, e de conformidade no disposto no artigo 49 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo de presentación da documentación requirida para proceder ó libramento das axudas concedidas por Resolución do 13 de maio de 2003, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, ata o 25 de outubro de 2003.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio