Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

ANUNCIO de licitación.

Por acordo da Comisión de Goberno do Concello de Calvos de Randín, de data 12 de setembro de 2003, actuando por delegación do Pleno de data 1 de agosto de 2003, anúnciase concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para contrata-las obras de construcción de tanatorio municipal.

Así mesmo, no devandito acordo, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares, que rexerán a contratación, o que se expón ó público, polo espacio de 8 días, que contará a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para os efectos de presentación de reclamacións. A licitación aprazarase, no caso de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Calvos de Randín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: construcción de tanatorio municipal.

b) Lugar de execución: Calvos de Randín.

c) Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 88.072,00 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do importe de adxudicación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación:

a) Entidade: Concello de Calvos de Randín.

b) Domicilio: estrada ponte Liñares-Fronteira, s/n.

c) Localidade: Calvos, C.P. 32644.

d) Teléfono: 988 43 40 00.

e) Fax: 988 43 41 10.

f) Data límite de obtención de información e documentación: o décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 15ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Calvos de Randín de 9.00 a 14.00 horas.

9. Apertura das ofertas: no salón de plenos da Casa do Concello de Calvos de Randín, ás 12.00 horas, do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Calvos de Randín, 12 de setembro de 2003.

Antonio Rodríguez Alonso

Alcalde-presidente