Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de mantemento dos edificios e instalacións que constitúen o hospital provincial dependente do Complexo Hospitalario de Pontevedra. (Expediente CP015/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron

delegadas conforme o establecido no artigo 6 j) da Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, resolve convoca-lo concurso público nº 015/2003, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de mantemento dos edificios e instalacións que constitúen o hospital provincial dependente do Complexo Hospitalario de Pontevedra, por un orzamento de douscentos cinco mil euros (205.000). Imposto sobre o valor engadido.

2. Prazo de execución: un ano a partir partir da data de formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial; r/ Loureiro Crespo, 2, 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ata as 14.00 horas, ou por teléfono: 986 80 71 03 ou fax: 986 80 70 52, durante o prazo de admisión das proposicións. Enderezo na Internet: www.sergas.es

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación: catro mil cen euros (4.100). Definitiva, o catro por cento do importe da adxudicación; que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: exenta por esixir clasificación económica.

6. Solvencia técnica: exenta por esixir clasificación económica.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas administrativas (punto 11.1).

8. Clasificación: grupo O, subgrupo 1, categoría B (equivalente ó establecido polo Real decreto 52/1991, do 25 de xaneiro, grupo III, subgrupo 7 ó 5 e categoría B).

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce (14.00) horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administración públicas.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas

do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez (10.00) horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 9 de setembro de 2003.

Francisco Javier Cobas Gamallo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de

Pontevedra