Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2003 Páx. 11.946

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de setembro de 2003 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de febreiro de 2003 (DOG do 28 de febreiro), convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sétimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, as axudas que se relacionan no anexo I, que se presentaron no primeiro prazo establecidos no punto quinto.1 do DOG do 28 de febreiro de 2003, por importe total de 266.171,50 euros.

Segundo.-Recoller no anexo II as axudas denegadas.

Terceiro.-De acordo co artigo noveno da orde de convocatoria as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 6.000,00 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedan obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria. Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúe:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles. A memoria estará acompañada dunha certificación do director do centro no que se faga consta-lo nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe. Igualmente, engadirase unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra administración ou ente público.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do consello escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados, así como unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra administración ou ente público.

Quinto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais a dictar tantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Solicitudes concedidas para proxectos lingüísticos

CentroSubvenciónDatasNº prof./alum.

IES Eusebio da Guarda5.358,6026-4-2003/6-5-200324/2

A Nosa Sra. dos Ollos Grandes8392,803-5-2003/13-5-200324/2

CEIP Froebel3.576,5016-5-2003/25-5-200311/2

CEIP Torre Illa3.830,0021-3-2003/9-4-200312/2

Centro Martín Codax5.553,6018-3-2003/29-3-200325/2

Colexio Apóstol Santiago3.069,3029-3-2003/13-3-200314/1

Colexio La Salle - Ferrol3.408,608-3-2003/17-3-200314/2

Colexio La Salle Santiago6.528,6024-2-2003/5-3-200330/2

Colexio PP Escolapios9.402,902-4-2003/11-4-200343/3

CPI Altamira4.578,6911-9-2003/28-9-200320/2

CPI Aurelio M. Rey García4.578,6014-3-2003/24-3-200320/2

IES A Cachada7.257,9011-10-2003/24-10-200332/3

IES A Pinguela4.044,302-4-2003/12-4-200319/1

IES A Pinguela4.590,5026-3-2003/4-4-200315/2

IES A Pontepedriña6.333,6026-4-2003/5-5-200329/2

IES A Xunqueira 27.379,001-4-2003/13-4-200326/2

IES A Cotarelo Valledor3.408,6029-3-2003/10-4-200314/2

IES Cacheiras4.383,6014-3-2003/23-3-200319/2

IES Castro Alobre3.943,0024-6-2003/14-7-200314/1

IES Cidade de Antioquía3.264,3030-3-2003/10-4-200315/1

IES de Arzúa5.553,604-4-2003/15-4-200325/2

IES de Curtis5.358,6026-9-2003/5-10-200324/2

IES de Sar4.773,6014-3-2003/23-3-200321/2

IES Eduardo Blanco Amor5.553,603-4-2003/12-4-200325/2

IES Eduardo Pondal4.968,6014-3-2003/24-3-200322/2

IES Eugenio López y López7.566,0023-5-2003/1-6-200321/2

IES Francisco Daviña Rei4.044,302-3-2003/12-3-200319/1

IES Frei Martín Sarmiento5.358,601-3-2003/10-3-200324/2

IES G. Torrente Ballester3.993,607-10-2003/17-10-200317/2

IES Hostelería C. Oroza4.578,6028-11-2003/7-12-200320/2

IES Johan Carballeira2.823,606-10-2003/15-10-200311/2

IES María Casares3.264,3027-9-2003/6-10-200315/1

IES María Soliño5.553,602-10-2003/11-10-200325/2

IES Miraflores6.918,6031-3-2003/11-4-200332/2

IES Monte da Vila5.358,6014-6-2003/23-6-200324/2

IES Monte das Moas3.182,5031-1-2003/9-2-200311/1

IES O Couto6.528,6030-3-2003/11-4-200330/2

IES Pedro Floriani2.628,602-4-2003/14-4-200310/2

IES Pino Manso2.484,304-4-2003/14-4-200311/1

IES Porto do Son5.358,607-3-2003/18-3-200324/2

IES Praia Barraña3.993,604-4-2003/17-4-200317/2

IES R. Otero Pedraio4.590,5022-10-2003/31-10-200315/2

IES Rafael Dieste4.336,8023-4-2003/2-5-200311/2

IES Río Cabe4.239,302-4-2003/12-4-200320/1

IES Rosalía de Castro4.968,6011-10-2003/20-10-200322/2

IES Rosalía de Castro6.618,5012-6-2003/21-6-200323/2

IES San Mamede2.094,3030-3-2003/10-4-20039/1

IES Sánchez Cantón6.723,6014-9-2003/1-10-200331/2

IES S. Basanta Silva8.622,9026-4-2003/6-5-200339/3

IES Terra de Turonio4.773,606-3-2003/17-3-200321/2

IES Valle Inclán10.572,9013-9-2003/26-9-200349/3

IES Vilalonga5.358,6014-2-2003/23-2-200324/2

Visitas preparatorias e de estudio concedidas

CentroSubvenciónDatasNº profesores

IES Fonmiña227,007-4-2003/13-4-20031

IES Perdouro318,0014-2-2003/16-2-20031

ANEXO II

Solicitudes denegadas para proxectos lingüísticos

-Centro: Colegio Marista Santa María.

Causas da exclusión: renuncia.

-Centro: IES Laxeiro.

Causas da exclusión: non cumpre os requisitos.