Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2003 Páx. 11.909

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de xullo de 2003 pola que se establece, para os gandeiros da Comunidade Autónoma de Galicia, no período 2003/2004, o procedemento para a adquisición de cantidades de referencia ó Fondo Nacional Coordinado de Cotas Lácteas e asignación complementaria da Reserva Nacional.

Advertidos erros na dita orde, publicada no DOG nº 150, do martes 5 de agosto, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 10.229, no artígo 7º, punto 2.l), onde di: «Por pertencer a explotación asociativa que segundo se establece...», debe dicir: «Por pertencer a explotación asociativa que estea dedicada á comercialización de leite e productos lácteos e que este obxectivo figure expresamente nos seus estatutos, que segundo se establece...».

-Na páxina 10.229, no último parágrafo do artigo 7º, punto 2, debe dicir: «Os méritos sinalados nos puntos i), j), k) e l) deberán ser cumpridos na data de entrada en vigor desta orde».

-Na páxina 10.230, no artigo 10º, punto 1.d), onde di: «Para a xustificación dos méritos sinalados no artigo 7.2º j), k) e l)...», debe dicir: «Para a xustificación dos méritos sinalados no artigo 7.2º i), j), k) e l)».

-Na páxina 10.232, no anexo I, no epígrafe DECLARA, punto 2, onde di: «1 Que a explotación presenta a condición de prioritaria: 1 punto», debe dicir: «1 Que explotación presenta a condición de prioritaria: 3 puntos».