Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dunha subministración de diverso equipamento con destino a centros residenciais dependentes desta consellería. (Expediente 69/2003)

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de diverso equipamento con destino a centros residenciais dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Lugar de entrega: en distintas residencias da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

c) Prazo de entrega: 10 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 90.877 A (noventa mil oitocentos setenta e sete euros, IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n; 15781-Santiago de Compostela; tfno.: 981 54 56 50/981 54 01 03-fax: 981 54 29 08; www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n-Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do cuarto día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais