Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dunha subministración sucesiva, por lotes, de diverso material de oficina, de imprenta e informático. (Expediente 71/2003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva, por lotes, de diverso material de oficina, de imprenta e informático.

b) División por lotes e número: 3 lotes.

c) Lugar de entrega: nas dependencias da Dirección Xeral de Formación e Colocación, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, en San Caetano; no Instituto Galego de Colocación; nos servicios periféricos da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

d) Prazo de entrega: 72 horas como máximo, contadas desde a correspondente petición.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 167.144,03 A (cento sesenta e sete mil cento corenta e catro euros con tres céntimos, IVE incluído); lote 1: 41.478,18 A; lote 2: 40.243 A e lote 3: 85.422,85 A.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n; 15781-Santiago de Compostela; tfno.: 981 54 56 50/981 54 01 03-fax: 981 54 29 08; www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n-Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do cuarto día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais