Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.880

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2003 pola que se procede ó nomeamento, como funcionarios en prácticas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), dos aspirantes que superaron a fase de oposición polo sistema de acceso libre, do proceso selectivo convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002.

Rematada a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002 (DOG nº 199, do 15 de outubro) para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), mediante Resolución do 8 de agosto de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 157, do 14 de agosto), pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron a fase de oposición do devandito proceso selectivo. Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) os aspirantes provenientes da quenda de acceso libre que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002, ordenados de acordo coa puntuación final obtida na fase de oposición, e con indicación dos destinos onde se desenvolverá a fase práctica, de aplicación de coñecementos, do curso selectivo.

Segundo.-O nomeamento terá efectos, segundo establece a base VI.4 da convocatoria, desde o día 29 de setembro de 2003, data de inicio do curso

selectivo establecida na Resolución do 10 de setembro de 2003 da Escola Galega de Administración Pública (DOG nº 180, do 17 de setembro).

Terceiro.-A situación xurídica dos aspirantes nomeados funcionarios en prácticas será a prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Cuarto.-As normas internas e de avaliación que regularán o curso selectivo son as establecidas pola Resolución do 10 de setembro de 2003 da Escola Galega de Administración Pública (DOG nº 180, do 17 de setembro), conforme determinou a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de xuño de 2001 (DOG nº 116, do 15 de xuño).

Quinto.-O tribunal, á vista da proposta motivada que lle formule o director do curso, declarará aptos ou non aptos os distintos aspirantes.

Sexto.-Os aspirantes que non superasen o curso selectivo poderán incorporarse ó inmediatamente posterior coa puntuación asignada ó último dos participantes nel, obtida nas probas de oposición. De non superalo, perderán tódolos seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo establece a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Funcionarios en prácticas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A)

Apelidos e nomeDNIOpciónConsellería

Moraleja Gómez, Tristana María33328394EconómicaEconomía e Facenda

Mato Martínez, Aránzazu32828933XurídicaCultura, Comunicación Social e Turismo

Suárez Fernández, Laura33300604XurídicaAsuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

Núñez López, María Victoria44447393XurídicaAsuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

Rodríguez Herrrera, María Xenxa32839708XurídicaCultura, Comunicación Social e Turismo

Piñeiro Saa, Sonia36096735XurídicaEmigración

Lorenzo Díaz, Pedro Pablo32835539XurídicaAsuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

Outeiriño Santos, Jorge34981743XurídicaEducación e Ordenación Universitaria

Alfonsín Coejo, Iria María44083045XurídicaPolítica Territorial, Obras Públicas e Vivenda

López Bahamonde, María Jesús76863329XurídicaCultura, Comunicación Social e Turismo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO