Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.859

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Perfiles de Aluminio, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Perfiles de Aluminio, S.A. (código de convenio número 1501122), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-6-2003, completado o día 7-7-2003 e subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 23-5-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xullo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa

Perfiles de Aluminio, S.A.

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Partes.

Este convenio colectivo concértase entre a empresa Perfiles de Aluminio, S.A. representada polas persoas expresamente facultadas para iso, por acordo dos órganos xestores desta, e os traballadores representados polo comité de empresa.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Afectará ó centro de traballo que Perfiles de Aluminio, S.A. (Perfialsa) ten en Arteixo (A Coruña).

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As normas deste convenio colectivo regulan as relacións de traballo do persoal de Perfiles de Aluminio, S.A., que con carácter fixo ou eventual presta os seus servicios no centro de traballo, con excepción de:

-Os que ocupen postos de función directiva.

-Aquelas persoas que pactaran ou pacten condicións económicas máis beneficiosas coa dirección, ás que non lles afectarán os conceptos retributivos que recolle este convenio, pero si o resto deste.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

A vixencia deste convenio estenderase ó período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2005.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio efectuarase por escrito, que presentará a parte denunciante á outra coa antelación mínima de dous meses á terminación de vixencia deste. Caso de non efectuarse tal denuncia na debida forma e antelación entenderase automaticamente prorrogado de ano en ano.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas neste convenio compensan os diferentes conceptos que con anterioridade viñan rexéndose por disposición legal, pacto, contrato ou por calquera outra causa, sempre que a dita compensación garanta os devengos fixos anuais que se percibían con anterioridade ó convenio.

Toda variación económica que afecte a todos ou a algúns dos conceptos retributivos establecidos por

futura disposición legal será absorbida polas melloras pactadas neste convenio e unicamente terán eficacia práctica se consideradas en conxunto e sumadas ás vixentes con anterioridade ó convenio, superan o nivel deste.

Artigo 7º.-Concorrencia con outras normas.

Na interpretación e aplicación deste convenio haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores. Queda así mesmo completado polas notas de servicio desta fábrica, prevalecendo sobre elas en caso de desconformidade en calquera das súas partes.

Artigo 8º.-Comisión de interpretación e vixilancia.

Para a interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio, créase a comisión mixta de interpretación e vixilancia.

Estará composta por dous vocais económicos, en representación da empresa, e outros dous vocais sociais en representación dos traballadores, designados estes últimos polo comité de fábrica.

As posibles e xustificadas ausencias dos vocais sociais e económicos da comisión serán cubertas por quen fora designado como suplente, un pola parte económica e outro pola parte social, pola dirección da empresa e polo comité, respectivamente, con ocasión do nomeamento dos vocais titulares.

En canto a funcións e normas de procedemento desta comisión, haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 9º.-Principio xeral.

A dirección da empresa exercerá as facultades de organización do traballo que lle correspondan, de acordo coa normativa vixente e con este convenio colectivo. Correlativamente, a representación dos traballadores terá, nesta materia, as competencias que por estas mesmas vías normativas lle veñan atribuídas.

Artigo 10º.-Valoración de postos de traballo.

Durante a vixencia deste convenio levarase a cabo unha valoración de postos de traballo, aplicando o manual de valoración do Grupo Inespal coa colaboración do comité de empresa.

Artigo 11º.-Clasificación profesional.

O persoal será clasificado tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa.

No anexo II recóllese a relación de postos de traballo clasificados polos grupos funcionais de técnicos, empregados e operarios, así como por cinco niveis de cualificación.

Esta clasificación e as súas normas complementarias ten por obxecto alcanzar unha estructura profesional acorde coa necesidade do centro, que facilite a mellor integración de todo o colectivo en tarefas productivas e mellore a súa adecuación en todo momento a un posto de traballo, mediante a oportuna formación.

Artigo 12º.-Clasificación organizativa.

Todo traballador integrado nesta nova estructura terá como consecuencia diso un determinado grupo funcional e un nivel de cualificación. A conxunción de ámbolos datos fixará consecuentemente a clasificación organizativa de cada traballador.

É contido primario da relación contractual laboral o desempeño das funcións que leva consigo a súa clasificación organizativa, debendo en consecuencia ocupar calquera posto da desta tendo recibido previamente por parte da empresa a formación adecuada ó novo posto, cando iso sexa necesario.

Artigo 13º.-Grupos funcionais.

Tódolos traballadores estarán incluídos nun dos grupos de técnicos, empregados e operarios.

1. Técnicos.

É o persoal con alto grao de cualificación, experiencia e aptitudes equivalentes ás que se poidan adquirir con titulacións superiores e medias, realizando tarefas de alta cualificación e complexidade.

2. Empregados.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia pode realizar tarefas administrativas, comerciais, de organización, de informática, de laboratorio e, en xeral, as específicas de postos de oficina informatizadas ou non, que permiten informar da xestión, da actividade económica, coordinar labores productivos ou realizar tarefas auxiliares que comportan atención ás persoas.

3. Operarios.

É o persoal que polos seus coñecementos e experiencia executa operacións relacionadas coa producción, ben directamente no proceso productivo ou indirectamente en labores de mantemento, transporte ou outras operacións auxiliares. Sen prexuízo de que poidan realizar á súa vez funcións de supervisión ou coordinación.

Artigo 14º.-Niveis de cualificación.

Todo traballador será cualificado tendo en conta o seu nivel de coñecementos, tanto pola formación básica adquirida como pola experiencia acumulada, así como a autonomía no desenvolvemento do seu traballo e todo iso tendo en conta a estructura organizativa de cada empresa.

1. Nivel I.

Son traballadores que teñen a responsabilidade directa na xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa, ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións

ou participan na súa elaboración, así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Con titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e con experiencia consolidada no exercicio do seu sector profesional.

2. Nivel II.

Son traballadores que cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade, realizan tarefas técnicas complexas, homoxéneas ou heteroxéneas, ou que teñen un alto contido intelectual ou de interrelación humana. Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións, realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma unidade funcional.

Con titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia dilatada no seu sector profesional.

3. Nivel III.

Son aqueles traballadores que con ou sen responsabilidade de mando, teñen un contido medio de actividade intelectual ou de interrelación humana, cun nivel de complexidade técnica media e autonomía dentro do proceso establecido. Igualmente aqueles que o seu traballo requira amplos coñecementos e destrezas dentro das diferentes especialidades ou un excepcional dominio dunha delas, será necesario alcanzar máximo nivel profesional.

Con formación profesional de segundo grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia contrastada no posto de traballo.

4. Nivel IV.

Son aqueles traballadores que, aínda que realicen tarefas con instruccións precisas, necesitan coñecementos profesionais, aptitudes prácticas, ou esixencia de razoamento, comportando en todo caso responsabilidade na execución aínda que baixo algún tipo de supervisión.

Con formación profesional de primeiro grao ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, con experiencia prolongada no posto de traballo, ou cualificación específica con ampla experiencia e formación.

5. Nivel V.

Son traballadores que realizan tarefas segundo instruccións concretas, con alto grao de dependencia ou supervisión, que requiren coñecementos profesionais de carácter elemental ou cun curto período de adaptación. Igualmente, aquelas que signifiquen a mera achega de esforzo físico.

Con formación a nivel de graduado escolar, certificado de escolaridade ou equivalente.

6. Subniveis.

Non obstante, nas empresas nas que se consideren insuficientes os cinco niveis anteriormente sinalados, poderanse crear subniveis que se adaptarán á definición do nivel de pertenza.

En todo caso, o número de subniveis será dun por nivel ata un máximo de tres.

7. Adaptación ó sistema.

Será obxecto de negociación en cada empresa a adaptación ó sistema de clasificación profesional antes descrito.

Mentres non estea correctamente adaptado o sistema de clasificación profesional respectaranse as normas sobre polivalencia vixentes na empresa.

A nova clasificación profesional non afectará á valoración de postos de traballo existentes en cada empresa, salvo que se alcance acordo en contrario no seo desta.

Artigo 15º.-Provisión de vacantes.

A selección e admisión do persoal serán realizadas pola dirección da empresa, que someterá ós solicitantes ás probas médicas, psicotécnicas e profesionais que considere oportuno para ocupa-los postos de traballo.

A clasificación do persoal realizarase de acordo coas funcións para as que foi contratado e non para as que puidera estar capacitado para realizar.

Artigo 16º.-Ocupación de novos postos.

A ocupación de postos de nova creación será efectuada polas persoas que designe libremente a dirección da empresa, tendo preferencia, en igualdade de condicións e de aptitudes, o persoal do cadro.

Artigo 17º.-Persoal de capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo ou enfermidade profesional, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos ás súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude para o novo posto.

Cando se produza unha situación de capacidade diminuída, estudiarase, entre a dirección e o comité de fábrica.

Artigo 18º.-Excedencias.

As excedencias rexeranse pola regulación xeral do Estatuto dos traballadores e non poderá ser utilizada para prestar servicios en empresa similar ou que implique competencia, salvo autorización expresa e escrita para iso. Se o excedente infrinxira esta norma, entenderase que rescinde voluntariamente o contrato que tiña e perderá tódolos seus dereitos. O tempo que o traballador permaneza en excedencia voluntaria non será computable para ningún efecto.

A petición de excedencia deberá formularse por escrito, cun mínimo dun mes de antelación, ante a dirección. A reincorporación deberá igualmente ser solicitada cun mes de antelación á data de finalización do desfrute da excedencia.

O traballador en excedencia voluntaria conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa a que houbera ou se producira na empresa. Este dereito só se activa cando existe unha necesidade de contratación para ocupar un posto de carácter fixo.

Artigo 19º.-Baixas.

O persoal fixo que quixera causar baixa na empresa, ha de avisar a esta, por escrito, cunha anticipación mínima de 15 días, se se trata de persoal obreiro ou subalterno; un mes, se se trata de administrativos e dous meses os xefes ou titulados administrativos como así mesmo os técnicos, sexan ou non titulados.

Artigo 20º.-Mobilidade funcional.

Enténdese como mobilidade funcional, dentro do centro de traballo:

-Cambio de nivel de cualificación dentro do mesmo grupo funcional.

-Cambio de grupo funcional dentro do seu nivel de cualificación.

1. Cambio de nivel dentro do mesmo grupo funcional.

A dirección da empresa, a teor das necesidades organizativas, técnicas ou productivas poderá destina-los traballadores a funcións que leven consigo cambio de nivel de cualificación, dentro do mesmo grupo funcional, tanto de forma temporal como con carácter indefinido.

1.1. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tales as no superiores a 6 meses, salvo nos casos de substitución por IT, servicio militar e excedencia, os traballadores poderán ser destinados á realización de tarefas de diferente nivel de cualificación dentro de seu grupo funcional. Se o cambio leva consigo retribucións superiores percibirán as do posto de destino. En todo caso, garantirase a percepción das retribucións do nivel de valoración de orixe.

O dito traslado notificarase simultaneamente ó interesado e ós representantes dos traballadores.

A notificación ós representantes dos traballadores incluirá:

-Causas que motivan o cambio.

-Nome dos traballadores afectados e destino.

-Duración estimada dos traslados.

O traballador consolidará o seu encadramento no nivel de cualificación superior se realizara as ditas funcións durante máis de 6 meses en 1 ano ou 9 meses en 2 anos, excepto nos seus postos de subs

titución por incapacidade temporal, servicio militar e excedencia.

Unha vez concluída a duración do traslado reintegrarase o traballador ó seu nivel de cualificación de orixe.

1.2. As discrepancias que se é o caso puideran xurdir entre a empresa e os traballadores na aplicación do establecido no punto 1.1. someteranse á comisión paritaria de interpretación e vixilancia do convenio como paso previo á xurisdicción laboral.

1.3. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de comunicación ós representantes dos traballadores, poderá destinalos traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel de cualificación superior dentro do seu grupo funcional ou de valoración, de acordo coas normas de ascenso e promoción pactadas neste convenio.

1.4. Por razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa, logo de acordo en cada caso cos representantes dos traballadores, poderá destina-los traballadores con carácter indefinido á realización de tarefas de nivel de cualificación inferior dentro do seu grupo funcional. As discrepancias que en que se é caso puideran xurdir entre a empresa e os traballadores na aplicación do establecido neste punto someteranse á comisión paritaria de interpretación e vixilancia do convenio como paso previo á xurisdicción laboral.

En todo caso garantirase a percepción das retribucións do nivel de valoración de orixe.

Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cumprido con este artigo referente a mobilidade funcional.

2. Cambios de grupo funcional.

Ante a existencia de necesidades de cobertura de postos nun determinado grupo funcional e de excedentes noutro, a dirección da empresa, logo de negociación cos representantes dos traballadores, poderá modifica-lo grupo funcional dos traballadores, sen cambio de nivel, sempre e cando se lles faciliten os coñecementos e habilidades necesarios para o desempeño do novo posto asignado, se a iso houber lugar.

Garantiranse, a nivel persoal, as retribucións que viñera percibindo o traballador, aplicándose as normas de compensación e absorción que existan no convenio.

Transcorrido un prazo de 15 días sen acordo, someteranse á comisión paritaria de interpretación e vixilancia do convenio como paso previo á xurisdicción laboral.

Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cuberto con este artigo e referente a mobilidade funcional.

3. Saturación das instalacións.

Considérase incremento do grao de saturación das instalacións o aumento do número de horas de funcionamento destas, se obteña ben a través dun incremento do número de días ano (modificación de períodos vacacións, etc.), ben a través do incremento do número de horas día (quendas de traballo, etc.).

Calquera proposta da dirección da empresa de incrementa-lo grao de saturación das instalacións que implique a modificación substancial das condicións de traballo, deberá negociarse, con carácter previo, cos representantes dos traballadores, para o cal a empresa facilitará polo menos a seguinte información:

-Medidas concretas que se propoñen.

-Causas nas que se apoian.

-Persoal afectado.

A negociación de tales medidas levarase a cabo no seo da empresa afectada no prazo de 15 días. En caso de desacordo seguirase o procedemento previsto no Acordo Interprofesional Gallego sobre Procedimientos Extrajudiciais de Solución de Conflictos (AGA).

Entenderase que o acordo previsto para o efecto polo artigo 41.1º do Estatuto dos traballadores queda debidamente cuberto coa tramitación do establecido neste punto. A dirección da empresa cumprirá o requisito de notificación á autoridade laboral, ós únicos efectos do seu coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 2.1º do Real decreto 696/1980, do 14 de abril, e na que, ademais do alcance e causas, achegará a lista definitiva do persoal afectado.

4. Saturación individual do tempo de traballo.

4.1. Para efectos de conseguir unha adecuada saturación individual a dirección da empresa definirá o cadro de persoal adecuado e facilitará a cualificación precisa para a correcta adecuación ós postos de traballo.

4.2. O tempo de prestación de traballo comenza e finaliza no propio posto e debe saturarse na súa integridade, o que comporta a saturación do tempo total a un nivel de rendemento habitual, non inferior ó normal.

4.3. Co fin de consegui-la reducción de tempos improductivos e mellora-la productividade, os traballadores realizarán, por requirimento dos seus mandos, aquelas tarefas para as que estean capacitados, aínda que non sexan propias da súa especialidade.

Artigo 21º.-Ascensos e promocións.

1. Principio xeral.

Na provisión de vacantes en réxime de ascensos de categoría profesional, dentro da empresa, seguirase o sistema de concurso para tódolos postos, excepto aqueles que impliquen exercicio de auto

ridade e mando sobre outras persoas, que serán cubertas libremente pola empresa.

2. Trámites previos.

Cando sexa preciso cubrir unha vacante, reunirase a comisión mixta de ascensos, para determina-lo ámbito do concurso, preparando a continuación o anuncio correspondente no que indicará as condicións requiridas para optar á vacante.

O ámbito do concurso, en principio, haberá de ser:

-Persoal do propio taller ou servicio.

-No suposto de non encontrar persoa idónea no propio taller ou servicio, ampliarase a convocatoria a todo o persoal da fábrica.

-Se no existira candidato válido no interior da fábrica, efectuarase a contratación con persoal do exterior.

3. Condicións dos solicitantes.

Para ser candidato a unha praza, é preciso que o interesado o solicite no momento oportuno, cubrindo o impreso correspondente en Xefatura de Persoal, e que reúna os requisitos esixidos no anuncio.

Como norma xeral, para poder presentarse a unha convocatoria de ascensos os solicitantes deberán:

-Ter realizado o servicio militar.

-Vir ocupando o seu posto actual ó menos durante un ano, cando o posto a cubrir non sexa na súa propia familia ocupacional.

4. Preferencias.

a) Se quedase vacante algún posto que puidera ser desempeñado por un traballador considerado de capacidade diminuída polo médico de empresa, a comisión mixta poderá outorgalo sen necesidade de concurso.

b) En igualdade de méritos, terase en conta a antigüidade na fábrica dos solicitantes así como a súa traxectoria en seguridade.

Capítulo III

Xornada, horarios e calendarios

Artigo 22º.-Xornada.

A xornada en cómputo anual será de 1.728 horas de traballo efectivo.

En calquera caso, a reducción da xornada individual de traballo non poderá levar consigo unha diminución dos días de traballo en fábrica.

Artigo 23º.-Calendarios.

Os calendarios laborais acordaranse entre a dirección e o comité de empresa debendo quedar fixados o 31 de xaneiro de cada ano.

En nota de servicio especificaranse os días festivos correspondentes.

Artigo 24º.-Horarios.

Os horarios sinalan o momento de iniciación e finalización das tarefas no propio posto de traballo.

Os horarios de traballo durante a vixencia deste convenio serán:

a) Persoal de xornada central.

-Do 1 de xaneiro ó 31 de maio, de 7.45 a 13.30 h e de 14.30 a 17.30 h.

-Do 1 de xuño ó 30 de setembro, de 7.45 a 14.00 h.

-Do 1 de outubro ó 31 de decembro, de 7.45 a 13.30 h e de 14.30 a 17.30 h.

Descansa os sábados.

Axustado ó cómputo anual de 1.728 horas.

b) Persoal de 10 a 15 Q.

Diario de 6.00 a 14.00 h, 14.00 a 22.00 h e de 22.00 a 6.00 h, con descanso de 30 minutos en cada quenda. Os días de traballo axustaranse ó cómputo anual de 1.728 horas.

c) Persoal de 17 a 21 Q.

Segundo calendarios persoais axustados a 1.728 horas, con 30 minutos de descanso para bocadillo.

Descansos:

Os descansos nas xornadas continuadas serán de 30 minutos que se considerarán como de traballo efectivo.

Artigo 25º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 30 días naturais.

O seu desfrute precisarase no calendario laboral, tendo en conta que non se producirá peche de instalacións por este concepto.

Sempre que a carga de traballo o permita, procurarase o seu desfrute nos meses de verán.

Retribuiranse incluíndo:

-Salario ou soldo de cualificación con antigüidade.

-Complemento de asistencia.

-Prima de producción.

-Prima de quenda.

-Prima de nocturno.

O importe diario da prima de producción, quenda e nocturno, será a media do importe obtido en horas normais durante os tres meses naturais ultimamente traballados.

No caso de que unha persoa que teña devengadas as vacacións non poida desfrutalas por ILT dentro do ano actual, tomaraas ó incorporarse ó traballo de acordo co seu servicio.

O período de vacacións interromperase soamente en caso de incapacidade laboral transitoria, podendo desfrutarse os días pendentes de acordo coas necesidades do servicio.

O persoal coñecerá a data de comezo do desfrute das súas vacacións polo menos con dous meses de antelación.

Artigo 26º.-Permisos e licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, ata un máximo de días naturais, polos motivos que a continuación se indican:

-Por falecemento de pais, fillos, cónxuxe: 5 días naturais.

-Id. Id. de pais políticos, avós, netos: 3 días naturais.

-Id. Id. de irmáns do traballador ou cónxuxe: 3 días naturais.

-Id. Id. de fillos e avós políticos: 2 días naturais.

-Por enfermidade grave (internamento hospitalario) de pais, pais políticos, avós, fillos, cónxuxe e irmáns: 2 días naturais.

No caso de que o traballador teña que desprazarse fóra da provincia, consideraranse dous días máis adicionais.

-Por matrimonio: 15 días naturais.

-Por parto de esposa: 5 días naturais.

-Por matrimonio de fillos ou irmáns, tanto do traballador como do cónxuxe: 1 día natural.

-Por cambio de domicilio: 2 días naturais.

Polo tempo necesario para acudir a consulta médica do seguro de enfermidade, xustificando ante o servicio médico de empresa, co límite de 16 horas ó ano segundo a lexislación vixente.

Igualmente por visita médica de especialista prescrita polo médico de cabeceira, xustificando o tempo investido nesta.

Concederanse precisamente coincidindo co feito causante e por necesidade de asistencia.

Retribuiranse incluíndo tódolos conceptos que percibira o traballador segundo o seu calendario laboral durante os días que abarque o permiso, que son:

-Salario ou soldo de cualificación con antigüidade.

-Complemento de asistencia.

-Prima de producción.

-Prima de quenda.

-Prima de nocturno.

-Complemento de traballo 16 a 21 quendas.

O traballador terá dereito a desfrutar de dous días de permiso sen soldo sempre que o permitan as necesidades do servicio respectivo e sexa por causa xustificada.

Capítulo IV

Productividade

Artigo 27º.-Obxectivo prioritario.

Ámbalas dúas partes, para conseguir uns niveis de producción que permitan alcanza-los obxectivos adecuados, a competitividade, productividade e servicio ó cliente, aceptan a necesidade de implantar réximes de quendas superiores ós actuais.

Para estes efectos actuarase conforme se indica no artigo 20.3º deste e convenio.

Artigo 28º.-Absentismo.

Fíxase como obxectivo específico o de alcanza-los índices absolutos de absentismo seguintes:

-Ano 2002: 5,6.

-Ano 2003: 5,6.

-Ano 2004: 5,6.

-Ano 2005: 5,6.

Artigo 29º.-Incentivos.

-Prima a control directo.

O persoal que traballe a control directo percibirá unha prima cuns importes que aparecen reflectidos nas táboas adxuntas.

-Prima a non control.

O persoal que non estea a un sistema de medición de traballo, percibirá unha prima igual á media das obtidas polo resto do persoal.

-Prima por carencia de incentivo.

Se por motivos alleos ós traballadores, se interrompese a producción, pagarase a prima por este concepto igual ó 75% da percibida no mes último que houbo producción.

-Complemento de chamada.

Cantidade para aboar a aqueles traballadores que sexan chamados a realizar traballos en fábrica, fóra da súa xornada normal, para operacións de mantemento. A contía aparece reflectida nas táboas adxuntas.

Este complemento non afecta á retribución das horas traballadas como consecuencia da chamada, que terán o carácter de extraordinarias.

-Complemento de asistencia.

Enténdese por complemento de asistencia unha cantidade devengada por día de asistencia ó traballo, computándose tamén como tales os de vacacións regulamentarias.

A contía aparece nas táboas adxuntas.

Capítulo V

Retribución

Artigo 30º.-Estructura retributiva.

1. Conceptos que a integran.

1º) Nos conceptos retributivos que poden compoñe-la renda de traballo dos obreiros e empregados ós que afecte este convenio, distinguirase o soldo ou xornal de cualificación e os complementos salariais.

2º) Entenderase por xornal ou soldo de cualificación o concepto retributivo de carácter fixo correspondente ó horario indicado para obreiros e empregados respectivamente, establecido como base de remuneración para cada nivel de cualificación.

Os valores dos xornais ou soldos de cualificación son os que se sinalan na táboa adxunta.

O xornal do persoal obreiro aboarase por día traballado mentres que o soldo do persoal empregado aboarase mensualmente.

3º) Son complementos salariais as cantidades que, se é o caso, deban adicionarse ó xornal ou soldo de cualificación por algún ou algúns dos conceptos que se sinalan no parágrafo seguinte.

4º) Os complementos salariais poden ser:

a) Persoais:

-Antigüidade.

b) De posto de traballo:

-Traballos nocturnos.

-Traballos a quenda.

-Complemento traballo 16 a 21 quendas.

c) Por calidade ou cantidade de traballo:

-Complemento de asistencia.

-Prima de control.

-Prima a non control.

-Horas extraordinarias.

-Prima por carencia de incentivo.

-Complemento de chamada.

d) De vencemento superior ó mes:

-Vacacións.

-Pagas extraordinarias.

-Gratificación vacacións.

5º) Non terán a consideración legal de xornal, ademais das percepcións sinaladas no vixente decreto de ordenación do salario, as seguintes cantidades:

-Complemento de distancia.

-Roupa de traballo.

-Gastos de viaxe, axudas de custo, saídas.

6º) Con obxecto de logra-la uniformidade no réxime retributivo do persoal, as condicións actuais, tanto expresas como tácitas, decláranse substituídas

pola estructura de salarios recollida nos artigos precedentes sen prexuízo da compensación que segundo as disposicións legais en vigor, poidan corresponderlles ós traballadores afectados por esta medida.

7º) Os domingos e festivos non traballados aboaranse de acordo co xornal de cualificación correspondente, máis antigüidade.

2. Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal aboaranse por 30 días de xornal ou soldo de cualificación máis antigüidade.

Aboaranse normalmente o día laborable anterior ó 16 de xullo e ó 16 de decembro respectivamente, pagándose unha contía proporcional ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorguen.

3. Gratificación de vacacións.

A contía será idéntica para tódolos niveis retributivos. Aboarase por unha soa vez na nómina do mes de xullo. Para as persoas que desfruten as vacacións en época diferente, na nómina do mes anterior.

Os valores de cada ano figuran na táboa adxunta.

4. Antigüidade-data inicial do cómputo.

Como premio á súa vinculación coa empresa, tódolos traballadores terán dereito a percibir un incremento de antigüidade por cada período de 3 anos de servicio na empresa o, se é o caso, no grupo.

Para a concesión do premio de antigüidade computarase para tódolos os traballadores, obreiros e empregados, como data inicial, a do seu ingreso na empresa o, se é o caso, no grupo.

5. Antigüidade-tempo computado.

A tódolos efectos deste premio de antigüidade terase en conta todo o tempo de servicio na empresa ou, se é o caso, no grupo, calquera que fora o grupo profesional ou categoría laboral en que estivera encadrado, estimándose como tempo de servicio:

a) Tódolos meses e días en que o traballador recibira un xornal ou remuneración, ben sexa por servicios prestados na empresa, ben sexa por vacacións, licencias, enfermidade ou accidente de traballo, así como excedencia forzosa, nomeamento para un cargo público ou sindical ou tempo de permanencia no servicio militar obrigatorio.

b) O transcorrido en período de proba, ou con carácter eventual se o persoal en tal situación pasara a ocupar un posto no cadro de persoal da empresa con carácter fixo.

c) Os aprendices, pinches e aspirantes comezarán a devenga-la sua antigüidade desde o día do seu ingreso na empresa.

d) No caso de que o traballador cause baixa definitiva na empresa, por sanción ou pola súa vontade, reingresando posteriormente, empezará a devenga-la súa antigüidade a partir da data deste último ingreso.

6. Contía e número.

A contía a cobrar por cada trienio será o que se indica nas táboas salariais adxuntas, para cada nivel, sen limitación do número de trienios.

En todo caso conservarase como garantía persoal a contía que actualmente se perciba por este concepto, ata que a cifra, segundo o cálculo pactado en convenio, supere á anterior.

No caso de ascenso dunha categoría profesional a outra, os trienios serán aboados na súa totalidade segundo a nova categoría.

7. Data de devengo.

Comezarán a devengarse a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada trienio, se a data de vencemento coincide ou é anterior ó 30 de xuño, e desde o 1 de xullo se é posterior.

8. Bonificación de antigüidade.

Independentemente da antigüidade que se cobra por anos de servicio na empresa, establécense no convenio as seguintes melloras:

1º) Todo traballador que leve 3 anos no grao B pasará ó grao C.

2º) Todo traballador que leve 3 anos no grao C pasará ó grao D.

Todo o citado sen que supoña cambio de nivel de cualificación e tendo en conta que cando se cambie de nivel, a antigüidade para pasar dun grao a outro empezará a contar a partir dese momento.

Cando por realizarse unha valoración haxa a cambio de nivel sen traslado de posto, respectarase a antigüidade no posto, sempre que o aumento sexa dun só nivel.

9. Nocturnidade.

Considéranse como horas nocturnas, con dereito a remuneración especial, as traballadas entre as 10 da noite e as 6 da mañá, salvo que o xornal se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Traballando no dito período nocturno máis dunha hora, sen exceder de catro, a bonificación percibirase exclusivamente polas horas traballadas.

Os valores por cada xornada nocturna de oito horas para cada posto de traballo figuran na táboa adxunta.

No futuro a nocturnidade experimentará a mesma porcentaxe de incremento que o salario base.

10. Traballo a quendas.

Aqueles traballadores que traballen a quendas, percibirán unha cantidade que aparece reflectida nas táboas salariais.

11. Traballo de 16 a 21 quendas.

Todo aquel traballador que traballe na modalidade de 16 a 21 quendas percibirá unha cantidade que aparece reflectidas nas táboas adxuntas.

12. Horas extraordinarias.

Terán consideración de horas extraordinarias as que se realicen sobre a duración da semana ordinaria de traballo.

Limitaranse ós máximos lexislados, informándose ó comité do número de horas que se realicen.

A contía aparece reflectida en táboas.

13. Transporte e complemento de distancia.

A empresa pon á disposición dos traballadores medios de transporte para o seu traslado desde A Coruña.

A aquelas persoas que residan fóra da Coruña, ou do municipio de Arteixo, aboaráselles unha cantidade, tal como indican as disposicións vixentes.

Se por causas alleas á empresa non funcionase o transporte, a empresa só se compromete a repartir entre os traballadores afectados a cantidade que aboará de menos ó concesionario do transporte.

14. Roupa de traballo.

A empresa, ademais das pezas de seguridade regulamentarias, facilitará a roupa de traballo que se indica a continuación:

Persoal obreiro:

-Dous pantalóns e dúas camisas (ou fundas), dúas toallas grandes por ano.

-Una cazadora cada tres anos.

-Un xersei cada ano.

Empregados:

A maioría pola índole do seu traballo non necesita unha entrega sistemática de pezas de traballo.

Cambiaránselle-las pezas cando sexa necesario.

Vixilantes:

-Un traxe de verán e outro de inverno cada dous anos. Unha chaqueta de coiro cada catro anos.

-Dúas camisas cada ano.

15. Liquidación de haberes.

O pagamento dos haberes realizarase por transferencia bancaria segundo as normas que se expresan a continuación:

-A orde de transferencia realizarase cunha cantidade a conta, por non coñecerse os datos reais de nómina, o día 20 de cada mes.

Unha vez coñecida a liquidación farase un segundo ingreso pola diferencia o terceiro día laborable de cada mes.

-Poderanse conceder anticipos á conta do traballo xa realizado o día 15 de cada mes (ou o anterior laborable se aquel é festivo), ós que o soliciten e, fóra desa data, logo de demostración de necesidade urxente.

16. Deduccións.

Deduciranse a cada traballador os impostos, cotas de Seguridade Social e cantos conceptos sexan preceptivos por disposición legal, así como os anticipos que por calquera concepto se percibiran da empresa.

Artigo 31º.-Contía retributiva.

Ano 2002: incremento salarial do IPC real sobre táboas salariais do ano 2001 como figura nas táboas salariais anexas.

Ano 2003: incremento do IPC real sobre táboas salariais de 2002. Provisionalmente realizarase un incremento do 90% do IPC previsto polo Goberno, efectuándose a adecuación ó IPC real unha vez coñecido oficialmente.

Ano 2004: incremento do IPC real sobre táboas salariais de 2003. Provisionalmente realizarase un incremento do 90% do IPC previsto polo Goberno, efectuándose a adecuación ó IPC real unha vez coñecido oficialmente.

Ano 2005: incremento do IPC real sobre táboas salariais de 2004. Provisionalmente realizarase un incremento do 90% do IPC previsto polo Goberno, efectuándose a adecuación ó IPC real unha vez coñecido oficialmente.

Capítulo VI

Prevención de riscos

Artigo 32º.-Seguridade e saúde laboral.

Existe na empresa un comité de seguridade e saúde no traballo que se ateñen ás disposicións legais nesta materia previstas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Ten ó seu cargo tódolos cometidos que marca a lexislación, establecendo medidas de protección contra os riscos profesionais e a favor da saúde dos traballadores.

Artigo 33º.-Pezas de seguridade.

Facilitaranse individualmente as pezas de seguridade adecuadas a cada posto de traballo, segundo as disposicións vixentes, a utilización e coidado das cales é responsabilidade persoal, de forma que se obteña unha duración razoable. O uso destes medios de seguridade será obrigado.

A súa non utilización considerarase imprudencia en acto de servicio e será cualificada de falta grave.

Capítulo VII

Acción social

Artigo 34º.-Seguridade social complementaria.

Estudiarase a implantación dun plan de pensións que terá carácter definitivo e substituirá ó actual sistema de seguros, que desaparecerán.

Para tal efecto se constitúe unha comisión de estudio formada por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección da empresa.

Artigo 35º.-Seguro colectivo de vida.

Actualizarase a prima correspondente ó seguro colectivo de vida, fixando a contía en 16.994 euros para o ano 2002.

Nos anos 2003, 2004 e 2005 incrementarase a prima na mesmo porcentaxe que o fagan as táboas salariais.

Artigo 36º.-Seguro de accidentes.

Hai concertada unha póliza voluntaria de accidentes para todo o persoal en activo e fixo en cadro de persoal, con independencia do seguro que existe segundo a lexislación vixente.

Garántense os seguintes capitais:

a) Persoas cuns ingresos brutos anuais sexan inferiores a 6.010,12 euros:

-Caso de morte por accidente: 6.010,12 euros.

-Caso de invalidez permanente total: 12.020,24 euros.

b) Persoas cuns ingresos brutos anuais sexan superiores a 6.010,12 euros.

-Caso de morte por accidente: 1 anualidade.

-Caso de invalidez permanente total: 2 anualidades.

Entenderase por anualidade, en todo caso, os ingresos percibidos nos 12 últimos meses anteriores ó sinistro, segundo conste nos recibos de nómina.

Quedan exceptuadas deste seguro a morte ou invalidez acaecida por enfermidade, deportes perigosos, circunstancias especiais de perigosidade, etc.

As reclamacións deste seguro deben facerse antes de que transcorran 12 meses desde que sucedeu o sinistro.

Artigo 37º.-Seguro de viuvez e orfandade.

Hai contratada unha póliza voluntaria dun seguro complementario de viuvez e orfandade das características seguintes:

1. Persoas ás que afecta.

A tódolos casados ou viúvos con fillos en activo, con dereito ás correspondentes pensións de viuvez e orfandade da Seguridade Social.

2. Pensións a outorgar.

-Viuvez: consistirá no 45% da base complementaria do causante definida no punto 37º.3.

-Orfandade: consistirá no 20% por cada fillo menor de 18 anos ou maior incapacitado para todo traballo, da base complementaria definida no punto 37º.3.

Entre ambas pensións de viuvez e orfandade non poderá ser superado o importe da base complementaria.

3. Base complementaria.

A base complementaria defínese como a diferencia entre:

-O 100% dos ingresos reais medio, habidos nos 24 meses anteriores á data do feito causante e

-O 100% da base de cotización individual medio da Seguridade Social no mesmo período.

4. Condicións.

a) Complemento da Seguridade Social.

Estes seguros outorgarán pensións para cada un dos eventos que amparan. A súa concesión, continuidade e perda responderán a idénticas normas e criterios que as pensións da Seguridade Social ás que complementan.

b) Baixa na empresa.

Os que causen baixa na empresa causarán baixa simultánea nos seguros.

c) Ingresos reais.

Non terán consideración de tales as horas extraordinarias, subsidios e prestacións compensatorias que carecen da consideración de salario.

d) Cobertura de riscos.

A empresa cobre o 80% de cada uno dos riscos asegurados; o traballador cobre o 20% restante. A cobertura correspondente ó traballador é totalmente voluntaria.

En consecuencia, as pensións que se produzan en razón de cada un dos indicados seguros, limitaranse ó 80% da contía, se o traballador non cubriu o 20% destes.

e) Invariabilidade.

Estas pensións complementarias no están suxeitas a revisión e no sufrirán máis variacións que as que deriven do dereito a desfrutalas, total ou parcialmente, segundo se indica no punto 37º.4 a).

Como é natural o pensionista beneficiarase, independentemente do anterior, das revisións periódicas que lle outorgue, na súa pensión correspondente, a Seguridade Social.

Este seguro de viuvez e orfandade quedará absorbido polo fondo de pensións que no seu momento se implante.

Artigo 38º.-Regulación da incapacidade laboral.

a) Accidente.

A empresa complementa as prestacións que o traballador perciba da S.S. de forma que alcance o 100% da retribución neta como se estivese en activo.

b) Enfermidade.

Establécense como obxectivo de ILT por enfermidade os índices seguintes:

Ano 2002: 4,8.

Ano 2003: 4,8.

Ano 2004: 4,8.

Ano 2005: 4,8.

No centro de traballo de Arteixo existe un fondo con achegas paritarias dos traballadores afectados polo convenio e a propia empresa.

A achega será a cantidade suficiente para cubri-las prestacións que se precisen en cada mes.

No suposto de que no dito centro se igualara ou mellorara o índice obxectivo de absentismo de cada ano por este concepto, a empresa retornará os traballadores, individualmente, as cantidades achegadas ó fondo no ano natural correspondente.

Seguirá en vigor o regulamento de funcionamento do fondo.

Establécese, ademais, unha comisión paritaria de control integrada por dous membros do comité de empresa e dous representantes da dirección. Esta comisión ten como obxectivo procura-lo control do absentismo por enfermidade. Para tal efecto concederá ou denegará con cargo ó fondo constituído prestacións complementarias a as da Seguridade Social.

As decisións deberán adoptarse por maioría e terán carácter de definitivas.

Artigo 39º.-Premios de vinculación.

Os premios de vinculación á empresa serán os seguintes:

-Ó persoal que cumpra 20 anos de servicio, medalla de bronce e dúas mensualidades de xornal e primas.

-Ó persoal que cumpra 30 anos de servicio, medalla prateada e tres mensualidades de xornal e primas.

-Ó persoal que cumpra 40 anos de servicio, medalla dourada e catro mensualidades de xornal e primas.

Para o cómputo de anos de servicio para estes efectos, terase en conta a antigüidade determinada como se indica no artigo 30º.6.

Artigo 40º.-Comedor.

A empresa mantén un comedor social cunha empresa exterior; o traballador participará co 50% do custo dos alimentos, sendo a cargo da empresa o custo restante.

Artigo 41º.-Fundación laboral.

Debido á extinción da Fundación Laboral ESDECO, chegouse a un acordo co comité de empresa para aboarlle cada ano no mes de outubro, a cantidade de 72,12 euros a cada un dos traballadores.

O persoal ingresado despois do 1 de xaneiro de 1998 non devengará cantidade ou garantía ningunha por este concepto.

Artigo 42º.-Axuda de estudios.

Aplicaranse a todo o persoal de Perfiles de Aluminio, S.A., fábrica no polígono industrial de Sabón, Arteixo, A Coruña, como segue:

a) A fillos de traballadores.

Concederanse ó comezo do curso académico, logo de solicitude, obrigándose a presenta-las notas obtidas en cada curso.

Son condicións precisas o que o traballador teña polo menos un ano de servicio e que no haxa falta de aplicación manifesta (por exemplo o ter que estudia-lo mesmo curso por terceira vez).

Pagaranse inmediatamente despois de concedidas, excepto as de ensinanza superior que se reserva un 50% para pagamento no segundo trimestre do curso.

Os baremos para o curso 2002/2003 serán os seguintes:

-Ensinanza superior e media (fóra da Coruña): 750,07 euros.

-Ensinanza superior e media (estudios libres ou na Coruña): 313,54 euros.

-COU, FP.3 (estudios oficiais e libres): 217,41 euros.

-ESO, bacharelato e FP.1º-2º grao: 169,35 euros.

-Preescolar 1º-2º: 94,97 euros.

Para o curso seguinte, os baremos incrementaranse na mesma porcentaxe que o fagan as táboas salariais.

Nº de fillosCoeficiente

11

21,15

31,30

41,45

51,60

61,75

71,90

8 ou máis2

Para a axuda de preescolar non se terá en consideración a aplicación dos coeficientes por número de fillos.

b) Axuda de estudios ós nosos traballadores.

Dentro da política da empresa de axudarlle ó seu persoal a realizarse figura a axuda de estudios a aqueles traballadores que estudien algún oficio ou carreira acorde coa actividade da empresa.

-Importe da axuda.

Concederanse axudas de estudios a todo traballador que, pertencendo ó cadro de persoal con carácter fixo, se sacrifique por ampliar estudios e o solicite:

Estas axudas de estudios poderán ser para ensinanza:

* Básica (ESO, bacharelato, etc.).

* Profesional (FP-I, FP-II e estudios universitarios).

Para ter dereito á axuda para ensinanza básica, é requisito imprescindible que os estudios sexan compatibles co horario de traballo de cada interesado.

Para a axuda a ensinanza profesional, ademais do anterior, requirirase que os ditos estudios teñan aplicación na nosa fábrica de Arteixo, A Coruña.

A axuda consistirá no 80% da matrícula e o 100% dos libros oficiais do curso.

Para poder ter dereito á axuda do curso seguinte deberá xustificarse o ter aprobado o anterior.

En caso de repetir curso, no se percibirá ningunha axuda; no obstante, a dirección, tendo en conta a dificultade dos estudios e unha vez aprobado o curso repetido, poderá concede-la axuda para o seguinte curso.

Os libros quedarán en propiedade do interesado sempre e cando termine os estudios para os que recibiu a axuda. En caso contrario deberá devolvelos.

Da axuda en canto a matrícula, o 30% facilitarase ó comeza-lo curso, e o 50% restante, unha vez finalizado, logo de presentación dos resultados deste.

En canto ós libros, se entregará toda ela ó iniciarse o curso, ante a presentación dos comprobantes de compra.

-Compensación clases particulares.

248,88 euros por estudios superiores (ing. e licenc.).

210,59 euros por estudios de grao medio (diplomaturas, etc.).

177,77 euros por estudios de FP-II.

164,10 euros por estudios de bacharelato, FP-I, COU e similares.

Mensualmente esixiranse os oportunos xustificantes.

-Material especial.

Cando por imperativo dos estudios, sexa preciso a utilización de materiais específicos, tales como compases, tiraliñas, etc., concederase axuda, por unha soa vez de ata 164,10 euros.

De no remata-los estudios este material deberá ser devolto.

-Estudios por correspondencia.

Concederanse sempre e cando sexa un centro oficial o que imparta os estudios. Exemplo: universidade a distancia.

-Comisión mixta de estudios.

Estará formada por dos vocais nomeados pola dirección e outros dous vocais nomeados polo comité de fábrica. A súa misión consistirá en analiza-las solicitudes presentadas para propoñe-la súa apro

bación á dirección e controla-la aplicación destas axudas.

c) Traballador solteiro cabeza de familia.

Naqueles casos en que un traballador solteiro faga as veces de cabeza de familia, considerarase cada caso en particular, para ver de concede-las axuda de estudios.

Tódolos importes relacionados coa axuda de estudios concederanse para todo o persoal a partir do mes de outubro de cada un dos anos de vixencia do convenio.

Artigo 43º.-Axuda gastos médicos.

A empresa concede axuda para os gastos seguintes:

1. Óptica e oculista.

En defecto da S.S., a empresa aboaralle a todo o persoal, cónxuxe e fillos ó seu cargo, incluídos na cartilla da S.S., o 50% da diferencia entre o concedido pola S.S. e o importe dos gastos que por este motivo se produzan, logo de xustificación dos destes, e de acordo co seguinte baremo:

-Un par de lentes normais (montura e cristal): 50% da expresada diferencia sempre que esta no exceda de 106,78 euros.

-Un par de lentes bifocais ou microlentes: 50% da expresada diferencia sempre que esta no exceda de 160,08 euros.

-Reposición cristais normais: 50% da expresada diferencia sempre que esta no exceda de 31,12 euros.

-Reposición cristais bifocais: 50% da expresada diferencia sempre que esta no exceda de 62,31 euros.

En caso de necesitarse dous pares de gafas, un para cerca e uno para lonxe aboaranse ambos polo baremo anterior.

A reposición de monturas só se aboará novamente cando transcorrera un prazo mínimo de 5 anos do pago das anteriores.

Na reposición de cristais concederase a axuda soamente con motivo de nova graduación.

Non haberá participación por reposición de gafas, cristais ou microlentes como consecuencia de rotura ou perda destas.

2. Odontoloxía.

En defecto da S.S., a empresa aboará o 50% da diferencia entre os gastos producidos e o que conceda a S.S. salvo metais preciosos e porcelana, logo de xustificación destes. Na factura especificarase se inclúe poderánmetal precioso e porcelana e o valor destes.

3. Ortodoncia.

Logo de xustificación de gastos, concederase unha axuda máxima de 266,87 euros/ano cando o tratamento sexa igual ou superior a 533,74 euros. Se o importe é inferior á dita cantidade, aboarase o 50% del.

Tódolos importes para axuda de gastos médicos incrementaranse no ano seguinte na mesma porcentaxe que o faga as táboas salariais.

Artigo 44º.-Préstamos.

Establécese un fondo para préstamos ó persoal de 25.876 euros para o ano 2002. Esta cifra será incrementada nas mesmas porcentaxes que o fagan as táboas salariais nos anos 2003 a 2005.

1. Os préstamos que se poderánn solicitar serán:

-Compra de primeira vivenda: 6.269 euros.

-Automóbil: 768 euros.

1.1. A petición realizarase nun impreso matriz e enviarse á xefatura de persoal, quedándose o interesado coa matriz á espera de que se publique a súa concesión no taboleiro de anuncios.

A comisión mixta de préstamos estudiará as solicitudes e co seu informe enviaranse ó mes seguinte á dirección.

1.2. Estes préstamos faranse efectivos por orde de antigüidade na solicitude, e será condición indispensable que sexa para o interesado.

1.3. Para optar a estes préstamos débese levar como mínimo un ano de efectividade na empresa, excepto para o caso de enfermidade no que non se esixirá esta condición.

1.4. Non se concederá ós que teñan anotado no seu expediente unha falta grave ou moi grave nos 24 meses anteriores á concesión. En calquera caso darase preferencia a aqueles que non teñan faltas no seu expediente.

1.5. A concesión está supeditada a que haxa fondo dispoñible.

1.6. Salvo caso excepcional non se concederá préstamo a quen teña outro en curso.

1.7. Se houbese unha solicitude de préstamos de extrema urxencia, a comisión estudiará a posibilidade de concederlle preferencia.

1.8. Estes préstamos amortizaranse cun prazo máximo de 48 meses e un xuro do 4%, salvo no caso de enfermidade que se considerará cada petición.

Os xuros serán pagados como último prazo, se son inferiores á amortización mensual, ou en tantos prazos como sexa preciso se resultan superiores.

1.9. Darase preferencia na concesión de préstamos ás solicitudes para a adquisición de vivenda por primeira vez, mentres existan peticións para iso, sobre as solicitudes para adquirir automóbil.

1.10. Será imprescindible, para ter dereito ó préstamo de vivenda, que a adquisición desta sexa para o domicilio permanente do solicitante.

2. Disposicións derradeiras.

2.1. Una vez aprobado o préstamo por dirección, estenderase un contrato privado.

2.2. O destino do préstamo haberá de ser xustificado documentalmente con anterioridade á concesión.

2.3. Para ter opción ó préstamo de vivenda, o solicitante haberá de presentar probas fidedignas de que non posúe vivenda propia. Se se comproba que as ditas probas están falseadas, incorrerá na retirada automática do préstamo, así como no aboamento dos xuros correspondentes.

2.4. A solicitude para o préstamo de automóbil deberá efectuarse antes da compra ou como máximo 15 días despois.

2.5. A amortización comezarase no mes seguinte á concesión do préstamo.

Artigo 45º.-Axuda a discapacitados.

Estudiarase cada caso en particular.

Capítulo VIII

Dereitos sindicais

Artigo 46º.-Comités de empresa de centros de traballo.

1. Comité de fábrica.

O comité de empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto dos traballadores desta, e os seus dereitos e garantías son os fixados pola lexislación vixente.

Será o único órgano con dereito a negociación colectiva.

1.1. Tempo sindical.

-Cada un dos membros do comité disporá do crédito mensual de tempo sindical retribuído que, de acordo coas dimensións do cadro de persoal da fábrica, se concede ó artigo 68 do Estatuto dos traballadores e que poderá computarse mensual e globalmente e de modo excepcional bimensualmente, entre os membros do comité.

Non se computará como tempo sindical o empregado en reunións nas que preceptivamente debe estar presente a dirección da empresa.

-As centrais sindicais que teñan un nivel de representación igual ou superior ó 20% no conxunto do sector (Aluminio, Español, S.A., Alúmina Española, S.A. e Grupo Alcoa Inespal), poderán reunir, tres veces ó ano, a un membro por cada central sindical.

Con vistas a un mellor funcionamento no desfrute das súas garantías, os membros do comité deberán comunicarlle á dirección:

a) Cun prazo mínimo de 24 horas de antelación, en circunstancias normais, a realización fóra do centro de traballo, de actos de xestión ou representación que lle fosen encomendados polo propio comité ou central sindical a que estea afiliado, xustificando en todo caso as razóns, datas e horarios por medio de documento asinado autografamente polo seu representante legal. Non se esixirá o cumprimento deste prazo en circunstancias excepcionais que o

comité ou o membro deste xustificará ante a xefatura de persoal.

b) Con dúas horas mínimo de antelación, cando se trate da realización de funcións individuais propias do comité dentro do centro de traballo, ou comunicarse ou reunirse con outros membros do comité.

c) Os membros do comité de fábrica terán dereito a asistir a congresos, seminarios e cursos de formación sindical ós que foran regulamentariamente convocados pola central sindical á que pertenzan e todo iso con cargo ó crédito das horas mensuais establecido.

Para facer uso do tal dereito, será condición necesaria que a propia central sindical á que está afiliado o membro do comité, a través do seu representante legal, solicite autorización para o seu afiliado, en escrito asinado autografamente, cunha antelación mínima de tres días e facendo consta-la data, horarios e duración prevista da actividade, así como o lugar onde esta debe desenvolverse.

Cando se dean estas circunstancias, a empresa autorizará a asistencia, salvo que existan imperiosas e inescusables razóns de índole productiva ou técnica que obriguen á denegación desta.

Nos seus postos nos que se autorice, os membros do comité de fábrica deberán xustificar por escrito, ó seu regreso, o tempo empregado en tales actividades, so pena de perde-lo dereito á retribución das horas empregadas nestas.

1.2. Medios para o comité.

A dirección facilitará os medios necesarios para o correcto funcionamento do comité ou das súas comisións de traballo.

O comité disporá dun local para o desenvolvemento das súas funcións e de taboleiros de anuncios en sitios de fácil acceso ó persoal, onde poderá inserir comunicacións, a este efecto dirixirá copias destas previamente á dirección.

1.3. Asesoramento ó comité.

O comité, ó seu cargo, poderá utiliza-la asesoría externa que estime oportuna para o desenvolvemento das súas funcións, no interior da fábrica e en reunións coa dirección, logo de adecuada notificación a esta.

1.4. Comisión de traballo.

Se algún dos seus membros no pertenceran ó comité, o tempo investido por estes compoñentes, regularase así:

-En reunións convocadas pola dirección, considerarase tempo de traballo.

-Noutro caso, poderá cualificarse de permiso non retribuído ou imputarse ó tempo sindical.

2. Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais que posúan a representación a que se refire este punto, a empresa descontará na

nómina mensual de cada uno deles a cota sindical correspondente.

Artigo 47º.-Asembleas de centros.

O dereito de reunión e a celebración de asembleas, rexerase polo establecido no Estatuto dos traballadores.

As asembleas, cun máximo de catro ó ano, comezarán media hora antes do relevo de quendas e terminarán media hora despois.

Durante a súa celebración, garantirase o funcionamento dos servicios ou instalacións de marcha continua e daquelas que a parada poida ocasionar prexuízos ás instalacións.

Capítulo IX

Aspectos varios

Artigo 48º.-Disciplina.

1. Ademais dos deberes de orde xeral, o persoal da empresa observará coidadosamente os seguintes, o incumprimento se considerará como falta:

a) Permanecer no seu posto nas horas de traballo.

b) Utiliza-los medios para a protección e a prevención dos accidentes e poñer en práctica as medidas e consignas técnicas ó seu alcance, que dean lugar a maior seguridade e salubridade do ambiente de traballo. Cando implique risco de accidentes para si ou para seus compañeiros de traballo, considerarase como falta grave.

c) Velar pola conservación das instalacións e coidar con esmero as máquinas, útiles, ferramentas e elementos de protección ó seu cargo. O mal trato e utilización inadecuada do material en xeral e do material móbil en particular serán sancionados como falta grave.

d) Colaborar cos mandos intermedios en perfecto labor de equipo en orde á productividade, calidade e custos.

e) No traballo por quendas, o operario saínte no o abandonará sen a presencia do entrante, ó que comunicará cantos pormenores haxa que ter en conta. Se este se atrasara, esperará 15 minutos para dar conta ó encargado ou contramestre, quen tomará as medidas oportunas para reemprazalo se é posible. A empresa aboará como horas extraordinarias o tempo que exceda da súa xornada e garantiralle o transporte de regreso. Deixa-lo posto de traballo sen respectar estas normas será considerado como falta grave.

f) Rexistra-la súa entrada e saída a fábrica de acordo coas ordes establecidas.

2. Prohíbese a permanencia nas zonas de traballo ó persoal que desfrute de descanso, vacacións ou baixa.

3. Reclamacións.

Tódalas queixas e reclamacións deberán facerse individualmente ante o seu xefe inmediato (para os obreiros o contramestre ou encargado) quen se encargará de tramitalas á dirección.

Cando non reciban deste satisfacción á súa reclamación, ou teñan queixa del, poderán dirixirse ó xefe inmediato na escala xerárquica. Despois de esgotado este recurso, poderán expoñe-la súa petición ó comité de empresa.

En caso de consulta sobre pagamento de salarios, horas extraordinarias, primas e en xeral calquera reclamación individual, relacionada coa regulamentación laboral que non poida ser resolta directamente polo contramestre ou encargado, o interesado será autorizado por este para dirixirse directamente á oficina de persoal.

Artigo 49º.-Premios.

A dirección, por proposta dos xefes de servicio ou taller, poderá conceder recompensas en forma de gratificacións excepcionais ou premios de diversa índole.

Artigo 50º.-Faltas e sancións.

Enténdese por falta toda acción e omisión que supoña un quebranto dos dereitos de calquera índole, impostos polas disposicións legais vixentes. Clasificaranse, atendendo á súa importancia, transcendencia ou malicia, en leves, graves ou moi graves. Para esta clasificación e súa cualificación conseguinte, así como para a súa prescrición, anotación e cancelación seguirase o indicado no anexo III.

Artigo 51º.-Aspectos esenciais.

Os principios fundamentais establecidos no convenio sobre sistemas de remuneración por incentivos, constitúe en aspectos esenciais da vida da empresa, polo que a súa vixencia non quedará supeditada á do convenio colectivo.

Artigo 52º.-Cumprimento de horario e reducción de gastos.

Considerando que os aumentos retribuídos neste convenio non teñen a suficiente contrapartida de aumento de productividade, o persoal cumprirá escrupulosamente os horarios establecidos e esforzarase en reducir na medida do posible, os gastos de fabricación e conservación das súas instalacións.

Artigo 53º.-Conflictos de traballo.

Os conflictos colectivos que durante a vixencia do presente convenio puideran suscitarse no seo deste centro de traballo serán sometidos obrigatoriamente ós órganos e procedementos previstos no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos (AGA).

Táboa salarial

Soldos brutos mensuais (ano 2002)

NivelPostosGrao AGrao BGrao CGrao D

2Vixilante, embalador perfís, forneiro, manutenciador, limpeza vestiarios1.068,901.074,811.081,561.104,05

3Ordenanza, chofer, manipulador banco tracción, especialista almacén,

especialista nitruración, axudante prensa

1.093,911.104,051.114,331.142,71

4Alm. conservación, teléfono, télex, recepción, inspector perfís,

pulidor/montador, polivalente A, axustador A, electricista A, mecánico A

1.132,581.142,711.153,881.182,36

5Secretaria, pedidos, expedicións, programador, manipulador prensa,

polivalente B, axustador B, electricista B, mecánico B

1.158,451.182,361.193,261.222,02

6Delineante, ad. persoal, cronometrador, secretaria dirección, adm. compras

e almacén, axustador C, electricista C, mecánico C

1.191,561.222,021.254,471.350,75

7Encargado embalaxes, adm. contabilidade, xefe programación,

operador/programador de ordenador, xefe equipo embalaxe

1.317,791.350,751.384,761.487,31

8Mestre conservación, xefe 2ª administrativo, delineante proxectista,

xefe equipo retoques

1.428,321.487,311.527,381.613,23

9Encargado fabricación, encargado conservación, xefe 1ª administrativo1.574,411.613,231.652,411.730,70

NivelValorNocturno díaComplementoValor trienios ano

hora extraABCDasistencia díaABCD

1----------

212,0116,9517,0217,1417,482,68449,07451,42454,25463,70

312,3717,3217,4817,6518,132,32459,44463,70468,02479,94

412,8217,9318,1318,2818,472,01475,68479,94484,63496,59

513,1318,3318,4718,5619,371,90486,55496,59501,17513,25

613,7918,8719,3720,0821,381,66500,46513,25526,87567,32

715,3520,8621,3821,9323,551,66553,47567,32581,60624,67

816,9822,6323,5524,1925,561,66599,89624,67641,50677,56

918,4524,9325,5626,1927,401,66661,25677,56694,01726,89

Complemento por traballo entre 16 e 21 quendas

16 Q17 Q18 Q19 Q20 Q21 Q

e servicio

Valor día29,1333,9734,4935,3235,9836,64

Nº días/ano142435384756

Contía igual para tódolos niveis.

Paga vacacións: 621,07 euros/ano.

Complemento de quenda: 2,80 euros/día por 236 días.

Complemento de chamada: 26,26 euros/día.

ANEXO II

Distribución grupos-niveis

Postos de convenio

ActualGrupo empregadosGrupo operarios

Nivel 3Aprovisionamentos

Contabilidade

Nóminas e adm. persoal

Expedicións

Secretaria dirección

Delineante

Encargado fabricación

Encargado mantemento

Cronometrador

Informática

Programación

Xefe equipo retoques

Retocador A

Mantedor mecánico

Mantedor eléctrico

Xefe equipo embalaxe

Nivel 4Auxiliar administrativoPulidor

Operador de prensa

Axudante de prensa

Operador banco tracción

Operador serra-inspector

Almacén xeral

Polivalente

Nivel 5Recepción, teléfono, faxForneiro

Embalador

Expedicións

Limpeza e nitrur. matrices

Manutención

Almacén matrices

Porteiro-vixilante

Chofer

Limpeza vestiarios

ANEXO III

Faltas e sancións

* Faltas.

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado no convenio.

Cando a dirección considere que algún traballador realizara actos ou accións que puideran constituír motivo de sanción grave ou moi grave, deberán ser informados, de inmediato, os órganos representativos do traballador ou traballadores, se é o caso. Simultaneamente, a dirección farao saber ó traballador de que se trate, o cal, para a posible maior garantía de defensa na vista da súa causa, poderá estar asistido polo membro que fóra designado polo comité de empresa.

A sanción de faltas graves ou moi graves requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron.

-Graduación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, transcendencia e intención en leve, grave ou moi grave.

-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) Dunha a tres faltas de puntualidade sen xustificación no período dun mes.

b) Non notificar con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes á falta, a razón da ausencia ó traballo, a no ser que se probe a imposibilidade de telo feito.

c) O abandono do servicio sen causa xustificada, mesmo por breve tempo. Se como consecuencia deste se organizase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fora causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave segundo os casos.

d) Pequenos descoidos na conservación do material.

e) Falta de aseo ou limpeza persoal.

f) Non atende-lo público coa corrección e a dilixencia debidas.

g) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

h) Discutir cos compañeiros dentro da xornada de traballo.

i) Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

-Faltas graves.

a) Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas no período de 30 días.

b) Faltas de 1 a 3 días ó traballo durante un período de 30 días sen causa que o xustifique.

c) Entregarse a xogos ou distraccións durante a xornada de traballo.

d) A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo, incluída a resistencia e a obstrucción a novos métodos de racionalización do traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

e) Simula-la presencia doutro ó traballo, asinando ou fichando por el.

f) A imprudencia en acto de traballo. Se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros, ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave. En todo caso considerarase imprudencia en acto de servicio o no uso das pezas e aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

g) Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como o emprego, para usos propios, de ferramentas da empresa.

h) A reincidencia en falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado sanción que non sexa a de amoestación verbal.

-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

a) Más de 10 faltas no xustificadas de puntualidade cometidas nun período de 6 meses, ó de 20 nun ano.

b) As faltas inxustificadas ó traballo durante 3 días consecutivos ó 5 alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase sempre que existe falta cando un traballador en baixa por tales motivos realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén se comprenderá neste punto toda manipulación feita para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

e) A continuada e habitual falta de aseo e limpeza, de tal índole, que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

f) A embriaguez e o estado derivado do consumo de drogas durante o traballo.

g) Viola-lo segredo de correspondencia ou documentos reservados da empresa, ou revelar a estraños a esta, datos de reserva obrigada.

h) Realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

i) Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou falta grave de respecto e consideración ós seus xefes ou ós seus familiares, así como ós seus compañeiros e subordinados.

j) Causar accidentes graves por imprudencia ou neglixencia.

k) Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

l) A diminución no xustificada no rendemento do traballo.

m) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometan en o período dun trimestre e foran sancionadas.

* Sancións.

As sancións máximas que poderán impoñerse ós que incorran en faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación escrita.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dous a quince días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a corenta e cinco días.

-Despedimento.

Prescrición:

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión, e en calquera caso ós seis meses de terse cometido.

Abuso de autoridade:

A empresa considerará como falta moi grave e sancionará en consecuencia, os abusos de autoridade que se puidesen cometer polos seus directivos, xefes ou mandos intermedios.

Considerarase abuso de autoridade sempre que un superior cometa un feito arbitrario con infracción manifesta e deliberada dun precepto legal e con prexuízo notorio para un inferior.

Neste caso o traballador prexudicado porao en coñecemento do comité de empresa. Posteriormente procederase polo epígrafe de Reclamacións fixándose un prazo de 15 días para a contestación ó respecto.

Reclamacións:

Toda reclamación, alegación, petición ou queixa que poida formular un traballador, farao ante o seu mando inmediato a través dun comunicado interno.