Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.857

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 1 de setembro de 2003 pola que se dispón o nomeamento de vocais do Consello de Administración das autoridades portuarias de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e a súa ría e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas a facultade de designación e separación dos vocais dos consellos de Administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme co previsto no artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación de vocais dos consellos de administración, deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vistas as peticións e propostas de modificación realizadas ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2, da Lei 27/1992, polas distintas administracións públicas, entidades e organismos, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento dos seguintes vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias e en representación das administracións, entidades e organismos que a seguir se relacionan.

Autoridade portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría.

1. En representación do Concello de Ferrol.

-Juan José Fernández García.

Autoridade Portuaria da Coruña.

1. En representación do Concello da Coruña.

-José Luís Méndez Romeu.

-Francisco Javier Losada de Azpiazu.

-José Federico Nogueira Fernández.

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

1. En representación da Administración xeral do Estado.

-Oscar García Maceiras.

2. En representación do Concello de Vilagarcía de Arousa.

-Roberto Araújo Cortegoso.

-Manuel Rodríguez Cuervo.

-Mª Covadonga García Toriello Romero.

Autoridade portuaria de Vigo e a súa ría.

1. En representación do Concello de Vigo.

-Ventura Pérez Mariño.

2. En representación do Concello de Moaña.

-Julio Martínez Rodríguez.

3. En representación da organización sindical máis representativa no porto (CC.OO.).

-Víctor Pazos Lara.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda