Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 19 de setembro de 2003 Páx. 11.857

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 1 de setembro de 2003 pola que se dispón o cesamento de vocais do Consello de Administración das autoridades portuarias de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e a súa ría e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas a facultade de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme co previsto no artigo 40 Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación de vocais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vistas as peticións e propostas de modificación realizadas ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2, da Lei 27/1992, polas distintas administracións públicas, entidades e organismos, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias e en representación das administracións, entidades e organismos que a seguir se relacionan, agradecéndolle-los servicios prestados:

Autoridade Portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría:

1. En representación do Concello de Ferrol:

-Margarita López Pardo

Autoridade Portuaria da Coruña:

1. En representación do Concello da Coruña:

-Jesús Salvador Fernández Moreda

-Francisco Javier Losada de Azpiazu

-José Federico Nogueira Fernández

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría:

1. En representación da Administración xeral do Estado:

-Juan José Vázquez Seijas

2. En representación do Concello de Vilagarcía de Arousa:

-Roberto Araújo Cortegoso

-Manuel Rodríguez Cuervo

-Alejandro Quintela Pereira.

Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

1. En representación do Concello de Vigo:

-Uxío González Pérez

2. En representación do Concello de Moaña:

-José Manuel Cordeiro Portela

3. En representación da organización sindical máis representativa no porto (CC.OO.):

-Ricardo Valeiras Graña

4. En representación da Xunta de Galicia, por petición propia:

-Eugenio Pernas Fernández

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2003.

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA