Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 18 de setembro de 2003 Páx. 11.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 6 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/254).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a

declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT. y RR.BB.TT. Agrafoxo-Castro.

Situación: Rois.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón con conductor LA-56.

-De 1.365 m de lonxitude, con orixe no tramo de liña existente entre o C.T. Vilariño e o C.T. Macedos e final no C.T. Castro, que se vai instalar.

-De 28 m de lonxitude, con orixe no tramo de liña que alimenta o C.T. Castro citado e final no C.T. Agrafoxo, que se vai instalar.

Centros de transformación, tipo intemperie, sobre apoios de formigón, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Castro e Agrafoxo, con redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 440 m de lonxitude desde o C.T. Castro e de 235 m de lonxitude desde o C.T. Agrafoxo, que se conectan ás redes existentes. Termo municipal de Rois.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 6 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 254/03Provincia: A Coruña

L.M.T., CC.TT. e R.B.T. Agrafoxo e CastroTermo municipal: Rois

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº mmlm

33Leiras longasPradoRepresenta Domingos Lois Iglesias

Hros. María Iglesias Lois

Castro-Sta. Mª de Urdilde

15911 Rois, A Coruña

œ 8 150498

34Leiras longasPradoRepresenta Domingos Lois Iglesias

Hros. María Iglesias Lois e outros

Castro-Sta. Mª de Urdilde

15911 Rois, A Coruña

œ 8 e C.T.71251.170