Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso, con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:

Obxecto: iluminación do contorno e do acceso ó castelo de Sta. Cruz (Liáns).

Orzamento de licitación: 91.018,31 euros.

Clasificación: non se esixe.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Taxas do contrato: 65,43 euros.

Prazo de execución: sesenta días.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG, ata as 13.00 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9.00 ata as 13.00 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 5 de setembro de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde