Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUXÍA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de carpa.

1. Entidade adxudicante: Concello de Muxía.

2. Obxecto: subministración de carpa, con dimensións mínimas de 15x35 m segundo características establecidas no prego de prescricións técnicas.

3. Orzamento: 28.500 euros.

4. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% prezo de adxudicación.

5. Presentación de ofertas: de 9.00 a 13.00 horas no rexistro do Concello de Muxía (teléfono: 981 74 21 17), dando de prazo 13 días naturais contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP e/ou DOG (último deles).

6. Apertura de plicas: ás 13.00 horas do seguinte día hábil ó de finalización do prazo para presentación de ofertas.

7. O prego de cláusulas sobre este concurso queda exposto ó público durante 8 días para os efectos previstos no artigo 122.1º DL 781/86.

Muxía, xullo 2003.

Alberto Blanco Rodríguez

Alcalde