Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente incoado por infracción á Lei de pesca fluvial P-21/2003, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 4 de xullo de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-21/2003.

Denunciado: José Luis Rivas López.

DNI: 33802637-C.

Enderezo: rúa Frei Plácido Rey Lemos, nº 3-3º, Lugo.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente ó ter capturado unha troita de tamaño inferior ó regulamentario (1-17,5 cm). Feitos constatados o día 23-3-2003, ás 19.30 h no río Pambre, zona libre de Carballal, Palas de Rei, Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: leve.

Sanción: 60,10 euros.

Indemnización por danos e perdas de 18,03 euros.