Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 4 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 100/2003, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de xuño de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade dictou acordo de inicio do expediente sancionador 100/2003 incoado na delegación provincial da Consellería de Sanidade da Coruña á Panadería Di Piazza, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase á Panadería Di Piazza, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4,

A Coruña e obter, se for o caso, unha copia, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35, da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbeselle tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 4 de agosto de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 100/2003.

Denunciado: Panadería Di Piazza, S.L.

DNI/NIF: B1578651D.

Último enderezo coñecido: Aldea de Arriba, 17. Santa Marta de Babío. Bergondo.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade. Arts. 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.6 do Real decreto 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; arts. 8, 10 e 11 do Real decreto 285/1999, que modifica ó Real decreto 1137/1984 sobre regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, circulación e comercio de pan e pans especiais; arts. 3.5º e 5 do Real decreto 3484/2000 sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, e Real decreto 2207/1995 sobre normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: seiscentos un euros con un céntimo.