Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 17 de setembro de 2003 Páx. 11.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 4 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 312/2002 PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 16 de xuño de 2003, o secretario xeral da Consellería de Sanidade dictou resolución do expediente sancionador 312/2002 PRO, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a José Mª Regueiro Castro.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Jose Mª Regueiro Castro o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se for o caso, unha copia del, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840, código 001 ou na Caixanova Recaudación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 4 de agosto de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da coruña

ANEXO

Nº expediente 312/2002 PRO.

Denunciado: José Mª Regueiro Castro.

DNI/NIF: 32826079-L.

Último enderezo coñecido: avda. Santa Cristina, 122. Oleiros.

Feito imputado: nas escaleiras de acceso ó Pub Andrómeda sitúase unha máquina expendedora de tabaco, a cal non está baixo control dos empregados así como a inexistencia na citada máquina dun carné informativo de «prohibida a venda de tabaco a menores de 18 anos».

Precepto/s presuntamente infrinxidos: art. 35.B.1 da Lei 14/1986, xeral de sanidade e arts. 13.4º e 37.3º.a) da Lei 2/1996, de Galicia, sobre droga.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: arquivo.