Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 21 de agosto de 2003, aprobou con carácter inicial o documento de modificación do Plan parcial de Cordeda 2ª fase, presentado pola xunta de compensación do ámbito e redactado polo arquitecto Marcos Mosquera Arjona, que afecta a dous aspectos puntuais do documento vixente:

a) Reordenación das parcelas Z.V-2 (dotacional zona verde) e B-5 (uso residencial) sen modificación das superficies orixinais.

b) Modificación dos artigos 15 e 16 das ordenanzas reguladoras.

Durante o prazo dun mes, contado desde a última das publicacións deste anuncio no DOG e xornais, poderá ser examinado o documento nas oficinas municipais da Área de Urbanismo e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 29 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 18-6-2003, BOP do 19 de xullo)

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo