Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 5 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 72-73/03, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de xuño de 2003, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 72-73/03 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Avelino y Otros, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5º do referido artigo, notifícase a Avelino y Otros, S.L. o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no numero 1º do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se for o caso, copia del, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 5 de agosto de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 72-73/03.

Denunciado: Avelino y Otros, S.L.

DNI/NIF: B15403876.

Último enderezo coñecido: Faraday, 18, Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 35 b) 4 da Lei 14/1986, xeral de sanidade, e artigo 2.3º.4 do Real decreto 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: dezaoito mil trinta euros con trinta e seis céntimos.