Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.720

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 4 de setembro de 2003 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, anunciada por Orde do 4 de xullo de 2003.

Convocada por Orde do 4 de xullo de 2003 (DOG nº 134, do 11 de xullo e correción de erros publicada no DOG nº 142, do 23 de xullo) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 4 de xullo de 2003 (DOG nº 134, do 11 de xullo e correción de erros publicada no DOG nº 142, do 23 de xullo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde, e declarar deserto o posto de traballo de código XUC050000215770001 e denominación subdirector xeral de Xogo, Asociacións e Espectáculos Públicos.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local

ANEXO

NRP ou DNI: 3240445013A2073.

Apelidos e nome: Suárez Paz, José María.

Grupo: B.

Corpo/escala: facultativo grao medio da Xunta de Galicia.

Código do posto: XUC050000315770020.

Denominación: Servicio de Sistemas de Información e Comunicacións (xornada especial).

Nivel: 28A.

Dependencia: Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

Localidade: Santiago de Compostela.