Convocada por Orde do 21 de xullo de 2003 (DOG nº 145, do 29 de xullo) a provisión, polo sistema
de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Innovación, Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Innovación, Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 21 de xullo de 2003 (DOG nº 145, do 29 de xullo).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.
Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario, realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.
Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente, recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data perante o xulgado do contencioso-administrativo, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2003.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio
ANEXO
Apelidos e nome: Vázquez García, José.
NRP: 3588848868 A2060.
Grupo: A.
Denominación do posto de traballo: xefe de Servicio da Oficina de Vigo.
Código do posto: IC.C99.10.000.36560.001.
Nivel: 28.
Dependencia: Delegación Provincial de Pontevedra (Oficina de Vigo).
Localidade: Vigo.
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL