Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 16 de setembro de 2003 Páx. 11.709

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 15 de setembro de 2003 pola que se nomea directora do ente público Portos de Galicia a Ana Isabel Calzadilla Bouzón.

En virtude do establecido no artigo 9.2º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, conforme a redacción dada polo artigo 10 da Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión, por proposta do presidente do Consello de Administración de Portos de Galicia,

Nomeo a Ana Isabel Calzadilla Bouzón directora do ente público Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003.

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA