Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN 4/2003 de plans provinciais.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12.00 horas do 15 día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12.00 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono 988 38 51 00 e fax 988 38 51 84.

Número e plano/denominación/concello/prazo execución/clasif. contratista/orzamento.

14PB/Camiño de Picota en Prado, da Pala en Oleiros/Castrelo de Miño/4 meses/-/95.856.

57PB/Pav. San C/ Do Forno-Jacinto Alvarado outra/A Pobra de Trives/3 meses/-/102.315.

289POL/Abastecemento e sto. en Lobeira/Lobeira/3 meses/-/88.126.

301POL/Abastecemento San Miguel, Ribadas e outros/Río/3 meses/-/85.745.

319POL/CV 25 Sarreus-Vilar de Barrio/Sarreaus

/4 meses/G.6.d/140.000.

Ourense, 9 de setembro de 2003.

José Luis Baltar Pumar

Presidente