Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración e instalación de unidades sai no pazo provincial e no edificio Rego de Auga. (Expediente ref. 03/7280 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración e instalación de unidades sai no pazo provincial e no edificio Rego de Auga.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 49.999,48 euros.

Garantía provisonal: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación en BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 1 de setembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Mª Amparo C. Taboada Gil

Secretaria accidental da Deputación Provincial da Coruña