En cumprimento do disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral
DISPÓN:
Que se publique no DOG, o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 3 de xullo de 2003, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:
«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nomeado Monte Cabeza.
Segundo.-De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xullo de 1997 polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o acordo do 5 de decembro de 2002, o planeamento dos concellos de Rodeiro, Agolada e Chantada queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas