Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de xullo de 2003, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Farelo.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral

DISPÓN:

Que se publique no DOG, o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 11 de xullo de 2003, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nomeado Farelo.

Segundo.-De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xullo de 1997 polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o acordo do 5 de decem

bro de 2002, o planeamento dos concellos de Rodeiro, Agolada e Antas de Ulla queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas