Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de varios contratos administrativos.

O delegado provincial, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións, segundo o Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Reforzo do piso na avda. de Buenos Aires, N-120 (A), Ourense. Clave: RC-OU-03.04.

* Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

* Orzamento: 97.044,46 A.

-Reforzo do piso na avda. Zamora, OU-105. Ourense. Clave: RC-OU-03.05.

* Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

* Orzamento: 123.661,09 A.

-Reforzo de firme na travesía de Seixalbo, acceso a Tanatorio: Ourense.

Clave: RC-OU-03.11.

* Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

* Orzamento: 155.081,89 A.

-Reforzo do piso na antiga 525 (A), tramo: r/ Erbedelo-r/ Coruña. Ourense.

Clave: RC-OU-03.13.

* Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

* Orzamento: 91.509,93 A.

En cumprimento do previso no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase advertindo que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xuridicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Ourense, 6 de agosto de 2003.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense