Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de setembro de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se relaciona o inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación e requirimento de documentación pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Jesús Sáenz-Díez Belín).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación e requirimento de documentación pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Eco

nomía e Facenda da Coruña, en aplicación dos artigos 60 e 140 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na praza de Pontevedra nº 22, na Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 2 de setembro de 2003.

Jose Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

Interesado: Jesús Sáenz-Díez Belín.

DNI: 33206537-B. R/ Doutor Teijeiro 32-5º, Santiago de Compostela.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns. Exp: herdanza de Jesús Sáenz-Díez Pérez.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA