Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos expedientes de contratación C.P. 22 e 23/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación dos seguintes contratos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, 27004 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións. Teléfono: 982 29 61 40, fax: 982 21 29 24.

c) Número dos expediente: C.P. 22 e 23/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contratación de servicios.

b) Descrición do obxecto:

C.P. 22/2002. Realización de probas analíticas en laboratorios externos.

C.P. 23/2002. Xestión do arquivo único de documentación clínica do complexo hospitalario.

c) Data publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia:

C.P. 22/2002. 14 de febreiro de 2003.

C.P. 23/2002. 4 de marzo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

C.P. 22/2002. Cento sesenta e cinco mil euros (165.000 A) (IVE incluído).

C.P. 23/2002. Seiscentos cuarenta mil euros (640.000 A) (IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data:

C.P. 22/2002. 1 de abril de 2003.

C.P. 23/2002. 23 de xuño de 2003.

b) Contratista:

C.P. 22/2002. Balague Center, S.A.

C.P. 23/2002. Severiano Gestión, S.L.

c) Importe da adxudicación:

C.P. 22/2002. Cento vintesete mil seiscentos noventa e nove euros (127.699 A) (IVE incluído).

C.P. 23/2002. Seiscentos trinta e sete mil catrocentos corenta euros (637.440 A) (IVE incluído).

Lugo, 7 de xullo de 2003.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo