Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2003 pola que se modifica a do 13 de agosto de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso, tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente CO-12-12-03-01 e catro máis).

Advertido erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 162, do 22 de agosto de 2003, cómpre face-la oportuna rectificación.

Na páxina 10.831, alínea b) Remodelación de rampla en Santa Mariña, Ponteceso, no punto onde dí: «Prazo de execución: catro (4) meses», debe dicir: «Prazo de execución: tres (3) meses».

Presentación de ofertas e das solicitudes de participación:

Data de presentación: o prazo de presentación de proposicións para esta obra: remodelación de rampla en Santa Mariña, Ponteceso, rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e o prazo de apertura de proposicións será ás nove horas do décimo día natural seguinte ó remate do prazo de presentación. En caso de que os devanditos

días coincidan en sábado ou festivo, o prazo de admisión e apertura das proposicions será o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia