Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 337/1998.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previamente á resolución, nesta Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Pontevedra, todo isto ó abeiro do establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 337/1998.

Acta nº: 971/1998.

Empresa: Colocación de Granitos e Pedras, S.L.

DNI/NIF: B-36255057.

Enderezo: Illa de Man, Monteporreiro 3, Pontevedra.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 9.015,18 euros.

Documentos obrantes no expediente:-Acta de infracción.-Xustificante da notificación.

Vigo, 24 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE