Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de xogo C-17 e OU-41/2002.

En virtude do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido que se relacionan no anexo, as resolucións dos expedientes sancionadores que se citan nel.

Expediente: C-17/2002.

Empresa operadora/titular: Recreativos Luar, S.L.

Enderezo: Pista do Souto, Xaxán. 36500 Lalín (Pontevedra).

CIF/NIF: B-36365708.

Data da resolución: 30-5-2003.

Establecemento: Club Bonanza.

Resolución: declarativa da caducidade do procedemento sancionador e o arquivo das actuacións practicadas.

Expediente: OU-41/2002.

Empresa operadora/titular: Enrique Gutiérrez Cortés.

Enderezo: Cambeo, Coles (Ourense).

CIF/NIF: 34190829-H.

Data da resolución: 22-7-2003.

Establecemento: Hostal Descanso.

Resolución: declarativa da conclusión do procedemento sancionador por prescrición da infracción e o arquivo das actuacións practicadas.

Contra as devanditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2003.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil