Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 4 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente SA101J2002/35-5.

Con data 25 de xuño de 2003, o conselleiro de Sanidade dictou resolución denegatoria do recurso de alzada interposto contra a resolución do secretario xeral da Consellería de Sanidade, de data 31 de xaneiro de 2003, recaída no expediente nº SA101J2002/35-5 en relación coa solicitude de autorización de funcionamento de establecemento sanitario formulada pola entidade Salgueirón, S.A.

Intentada a notificación segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á entidade Salgueirón, S.A. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que lle asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta secretaría xeral, sita no edificio administrativo San Lázaro, sito na rúa San Lázaro, s/n, do Concello de Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2003.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: SA101J2002/35-5.

Recorrente: Salgueirón, S.A.

Último enderezo coñecido: r/ Amor Ruibal, nº 8, Vigo (Pontevedra).

Obxecto da solicitude: autorización de funcionamento de establecemento sanitario.

Normativa aplicada: Decreto 77/2001, do 29 de marzo, sobre centros, servicios e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 4 da Orde do 29 de marzo de 2001 pola que se regula a autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios; artigo 7 da Lei 25/1990, do 20 de decembro, do medicamento; o Real decreto 1907/1996, do 2 de agosto, sobre publicidade e promoción de productos, actividades ou servicios sanitarios; o artigo 6 do Decreto 97/1998, do 20 de marzo, polo que se regula a publicidade sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 37 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Contido da resolución: desestima-lo recurso de alzada interposto.