Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2003 Páx. 11.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/109).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Carrizal.

-Situación: Coristanco.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, de 442 m de lonxitude, con conductor LA-56, con orixe no ramal de liña que alimenta o C.T. Cetiña e final no C.T. Carrizal, que se vai instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV no Carrizal, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 2.110 m de lonxitude en secciones de 150, 95, 50 y 25 mm Al no termo municipal de Coristanco.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 23 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña